thumb|right|Galton na década de 1850. Francis Galton, nado o 16 de febreiro de 1822 e finado o 17 de xaneiro de 1911, foi un intelectual británico que destacou en campos moi diversos, tales que a antropoloxía, a xeografía, a exploración, a meteoroloxía, a estatística ou a psicoloxía. Non tivo cátedras universitarias e realizou a maioría das súas investigacións de maneir independente. As súas múltiples contribucións recibiron recoñecemento formal cando, á idade de 87 anos, foi distinguido co título de sir. En 1901, foi, xunto con Karl Pearson e Walter Weldon, cofundador da revista científica Biometrika.

Foi un defensor, talvez o primeiro, da euxénese.

Véxase tamén

Ligazóns externas Web do Laboratorio Galton

Categoría:Exploradores Categoría:Nados en 1822 Categoría:Finados en 1911 Categoría:Membros da Royal Society