Benigno Salgado Vázquez, nado en Dacón (Maside) en febreiro de 1855, foi un farmacéutico e xornalista galego.

Traxectoria Emigrou a Uruguai en 1874. De ideas liberais, opúxose á Restauración borbónica e aos gobernos conservadores. Dirixiu La Voz de Galicia, foi correspondente en Montevideo de El Eco de Galicia da Habana e colaborou en El Heraldo Gallego, La Colonia Española, El Gallego e La Unión Gallega. Asinou cos pseudónimos Pedro Enxebre e Xan Blexos. Foi precursor da idea de creación dos Centros Galegos, nun manifesto publicado en Montevideo en 1879 e fundou co seu irmán Tomás o Centro Galego de Montevideo.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Xornalistas de Maside Categoría:Galegos do Uruguai Categoría:Nados en Maside Categoría:Nados en 1855 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes