Gaceta de Galicia foi unha revista, de carácter bilingüe, editada en Vigo en 1929.
Historia e características miniatura|300px|Outro detalle da cuberta Subtitulada Letras, artes, industrias, actualidades, etc, apareceu o 4 de agosto de 1929. Fundada por Eugenio de Olano, estaba dirixida por José Luís Viñas Castro. Revista quincenal con moita información gráfica, no seu primeiro número formula os obxectivos de achegar a Galicia as novas correntes de pensamento que se daban en Europa e América. Entre os seus colaboradores figuraron Roberto Blanco Torres, Ramón Otero Pedrayo, Eugenio Montes, Evaristo Correa Calderón, Álvaro das Casas, Florentino López Cuevillas, Cándido Fernández Mazas, Carlos Maside e Ksado.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Gaceta de Galicia. Diario de Santiago
Categoría:Prensa escrita de Vigo Categoría:1929 en Galicia