Blaise Matuidi (AFI: [blɛz ma.tɥi.di]), nado en Tolosa (Alta Garona, Mediodía-Pireneos) o 9 de abril de 1987, é un futbolista francés que xoga como centrocampista para o Inter de Miami da Major League Soccer (MLS). Desempéñase no campo como centrocampista.

Traxectoria Inicios Nado na cidade de Tolosa, no departamento da Alta Garona, Matuidi é descendente de pai angolano e nai franco-angolana. A pesar de nacer no sur de Francia, criouse xunto cos seus catro irmáns no suburbio parisiense de Fontenay-sous-Bois. Na capital francesa viuse atraído cara ao fútbol vendo xogar o principal equipo da cidade, o Paris Saint-Germain. Debido a isto, converteuse nun admirador do exdianteiro do PSG Jay-Jay Okocha. Comezou a súa carreira futbolística á idade de seis anos xogando para o club da súa cidade natal o Fontenay-sous-Bois. Despois de cinco anos no Fontenay, uniuse ao CO Vincennois nas proximidades de Vincennes, onde foi compañeiro de Yacine Brahimi durante un ano. En 1999, Matuidi foi cualificado como un dos mellores xogadores da rexión da Illa de Francia e posteriormente foi seleccionado para asistir á academia de Clairefontaine, onde se forma durante tres tempadas. Alí xoga durante a semana, mentres que ao mesmo tempo xogaba para o Vincennes as fins de semana.

En 2001, deixou ao Vincennes para asinar co club semiprofesional Union Sportive Créteil-Lusitanos; Pasou catro anos na canteira do club converténdose rapidamente nun dos xogadores máis buscados do club. A pesar de recibir unha oferta interesante dos nese momento bicampións de Francia, o Olympique Lyonnais, decide asinar en 2004 co Troyes AC.

París Saint-Germain O 25 de xullo de 2011, o club francés Paris Saint-Germain, confirmou que Matuidi asinara un contrato por tres anos substituíndo ao retirado Claude Makélélé. A taxa do traspaso non foi revelada, mais estímase que foi por volta dos 7,5 millóns de euros máis incentivos futuros. Matuidi foi presentado aos medios de comunicación o mesmo día xunto ao seu compatriota e compañeiro de equipo Jérémy Ménez e fóiselle asignado o dorsal número 14. Matuidi fixo o seu debut na liga o 6 de agosto de 2011 onde o PSG caeu 0-1 contra o Lorient.

Títulos Club TítuloClubPaísAnoLigue 1Paris Saint-Germain2013SupercopaParis Saint-Germain2013Copa da LigaParis Saint-Germain2014Ligue 1Paris Saint-Germain2014SupercopaParis Saint-Germain2014

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil no sitio web oficial do PSG Perfil no sitio web oficial da Ligue 1 Perfil no sitio web oficial da FIFA

Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados en Tolosa, Francia Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Futbolistas de Francia Categoría:Xogadores do Troyes AC Categoría:Xogadores do AS Saint-Étienne Categoría:Xogadores do Paris Saint-Germain FC Categoría:Xogadores do Juventus FC Categoría:Xogadores do Inter Miami CF Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Francia Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014 Categoría:Futbolistas gañadores do Mundial