Yon González Luna, nado en Bergara (Guipúscoa) o 20 de maio de 1986, é un actor vasco. É irmán do tamén actor Aitor Luna.

Traxectoria Mentres aínda estaba a estudar o bacharelato na localidade de Arrasate decidiu trasladarse a Madrid para traballar en televisión. O seu debut interpretativo tivo lugar na serie xuvenil diaria SMS en 2006, onde coincidiu con actores como Amaia Salamanca, Aroa Gimeno, María Castro ou Mario Casas. Finalizada a serie, incorporouse ao elenco de El internado para dar vida a Iván Noiret durante as sete tempadas que durou a ficción. O seu papel levouno a ser nomeado no Festival de Televisión de Montecarlo na súa 49ª edición na categoría de mellor actor de drama e a ser galardoado pola Asociación de Cronistas de Espectáculos de Nova York como mellor actor revelación.

Tras debutar na gran pantalla en 2009, con Rabia e Mentiras y gordas retomou a súa carreira televisiva en 2011. Ese ano foi Manuel Hernández na serie Gran Reserva e Julio Olmedo en Gran Hotel que se prolongou durante tres tempadas ata concluír no primeiro trimestre do ano 2013.

En 2015 estreou a serie Bajo sospecha en Antena 3, onde interpreta o papel de policía infiltrado xunto a Blanca Romero.

Televisión Ano Serie Papel Cadea Notas 2006-2007 SMS Andrés La Sexta Personaxe principal (187 episodios) 2007-2010 El internado Iván Noiret León Antena 3 Personaxe principal (71 episodios) 2010 Sofía Constantino II de Grecia Antena 3 Personaxe principal (2 episodios) 2011 Gran Reserva Manuel Hernández TVE Personaxe principal (13 episodios) 2011 Los Quién Paco Antena 3 Personaxe secundario (1 episodio) 2011-2013 Gran Hotel Julio Olmedo Antena 3 Personaxe principal (37 episodios) 2015-2016 Bajo sospecha Víctor Reyes / Víctor Lago Sánchez Antena 3 Personaxe principal (13 episodios)2017-2020Las chicas del cableFrancisco Gómez GarcíaPersonaxe principal (42 episodios)2021El internado: Las CumbresIván Noiret LeónCameo (1 episodio)2022Los herederos de la tierraHugo LlorPersonaxe principal (8 episodios)

Cine Ano Película Personaxe Notas2009 Rabia Adrián Papel secundario Mentiras y gordas Nico Papel principal2011 Transgression Helio Papel secundario Torrente 4: Lethal Crisis Peralta Papel secundario2014 El club de los incomprendidos Rodrigo Papel secundario Matar el tiempo Boris Papel secundario 2015 Perdiendo el Norte Hugo Papel principal 2020Campanadas a muertoLuis Kortazar2021Érase una vez en EuskadiFélix

Curtametraxes Identidad (2010) Muñecos de látex (2009), como Adrián. El forjador de historias (2008), como Víctor. Amores Imposibles I (2007), como Aitor.

Teatro

Antígona (2017) como Corifeo.

Premios e candidaturas Premio ao mellor actor revelación pola Asociación de Cronistas do Espectáculo de Nova York en 2010. Nomeado como mellor actor de drama no Festival de Televisión de Montecarlo en 2009. Gañador dos Fotogramas de Prata 2011 e 2016 ao mellor actor de televisión. Gañador dos Premios Madrid Imagen (MIM Series) 2015 ao mellor actor dramático de televisión por Bajo sospecha, emitida en Antena 3.

Categoría:Actores do País Vasco Categoría:Nados en Bergara Categoría:Nados en 1986