O Campionato de Galicia 1938/39 foi a vixésimo quinta edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Xogouse entre os meses de febreiro e marzo de 1939. O primeiro posto no torneo outorgaba a clasificación para a Copa do Xeneralísimo, disputada por primeira vez nesa mesma tempada. Por instrucións da Comité Executivo da RFEF de Donostia, nominalmente non foi denominado Campionato, senón Torneo eliminatorio para a Copa do Xeneralísimo. Isto permitía que equipos non federados formados por militares puidesen tomar parte na competición, algo que finalmente non aconteceu en Galicia, mais si noutros campionatos territoriais do resto do estado."El Torneo Nacional de Fútbol de 1939" Vicent Masià. La Futbolteca. Inscribíronse inicialmente o Real Club Celta de Vigo, o Real Club Deportivo da Coruña e o Racing Club de Ferrol, mais finalmente o Celta decidiu non participar no torneo e soamente foi disputado polos dous equipos do Arco Ártabro. O torneo foi disputado en forma de liga a catro voltas, resultando vencedor o Racing de Ferrol.
Calendario Xor.DataEstadioLocalVisitanteResultado1 26 de febreiro O Inferniño Racing de Ferrol Deportivo da Coruña 3–0 Informe2 5 de marzo Riazor Deportivo da Coruña Racing de Ferrol 1–2 Informe3 12 de marzo O Inferniño Racing de Ferrol Deportivo da Coruña 3–0 Informe4 19 de marzo Riazor Deportivo da Coruña Racing de Ferrol 0–0 Informe
Clasificación EquipoClasificación ou descenso1.Racing de Ferrol431081+77Clasificación para a Copa do Xeneralísimo 19392.Deportivo da Coruña401318−71
Notas
Categoría:Campionato de Galicia de fútbol Categoría:Fútbol en 1939