Anthony Sablan Apuron, nado o 1 de novembro de 1945 en Agaña (Guam), é un eclesiástico católico latino de Guam, arcebispo de Agaña dende 1986. Traxectoria Anthony Sablan Apuron naceu en Agaña o 1 de novembro de 1945. O 26 de agosto de 1972 foi ordenado sacerdote.

O 8 de decembro de 1983 Apuron foi nomeado bispo auxiliar de Agaña e bispo titular de Muzuca in Byzacena. Recibiu a consagración episcopal o 19 de febreiro de 1984 de mans do arcebispo de Agaña Felixberto Camacho Flores, e tivo como co-consagradores principais ao bispo de Honolulu Joseph Anthony Ferrario e ao bispo de Naha Petoro Baputisuta Tadamaro Ishigami.

O 27 de outubro de 1985 foi nomeado administrador apostólico de Agaña, e o 10 de marzo de 1986 foi nomeado arcebispo.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Catholic-Hierarchy.org

Categoría:Nados en 1945 Categoría:Nados en Guam Categoría:Arcebispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos católicos dos Estados Unidos de América Categoría:Capuchinos Categoría:Relixiosos católicos dos Estados Unidos de América Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Bispos católicos do século XXI