O futvólei é un deporte que combina aspectos do voleibol e o fútbol. Practícase entre dous equipos, cun número de xogadores variable, que intentan pasar o balón ao campo contrario sen empregar as mans nin os brazos.

Orixinouse no Brasil en 1965, na praia de Copacabana de Río de Xaneiro, coma unha forma de evitar a prohibición de xogar ao fútbol na praia que existía nese momento.

Regras Emprégase un balón de fútbol, e as regras baséanse nas do voleibol, limitando o contacto coa pelota segundo as regras do fútbol, o que impide que os xogadores poidan tocar o balón coas mans.

Notas

Categoría:Voleibol Categoría:Variantes do fútbol