Francisco Javier González Urruticoechea máis coñecido coma Urruti, nado en Donostia o 17 de febreiro de 1952 e finado en Esplugues de Llobregat (provincia de Barcelona) o 24 de maio de 2001 foi un futbolista vasco que xogaba na demarcación de gardameta. Foi un dos porteiros da liga española con maior prestixio dos anos 80 e foi internacional coa selección de fútbol de España.
Traxectoria Comezou xogando no SD Lengokoak pasando pronto a xogar no San Sebastián CF, filial da Real Sociedad. No ano 1973 debuta co primeiro equipo e ao ano seguinte afianzábase na portería, dándolle o relevo a José Ramón Esnaola Laburu. Nos seus comezos no equipo vasco competiu pola titularidade con Pedro María Artola ata a chegada á titularidade de Luis Miguel Arconada, que faría que tanto Urruti coma Artola deixaran o equipo para fichar por RCD Espanyol e FC Barcelona respectivamente.
Chegou ao RCD Espanyol comezada a tempada 1977/78, facéndose coa titularidade dende o primeiro momento. As súas boas actuación fixeron que fichase polo FC Barcelona de cara á tempada 1981/82 para substituír o que xa fora compañeiro seu na Real Sociedade, Pedro María Artola. Xogando nas filas do Barcelona gañou o Trofeo Zamora ao porteiro menos goleado da Primeira División.
Co tempo na portería catalá substituiríao o tamén porteiro vasco, Andoni Zubizarreta.
Coa selección de fútbol A pesar de ir convocado a tres Mundiais (Arxentina 78, España 1982 e México 1986) non chegou a debutar en ningún deles, ao igual que na Eurocopa de Fútbol Italia 1980, a causa da titularidade indiscutíbel de Luis Miguel Arconada. En total so disputou cinco encontros coma titular, encaixando 6 goles.
Debutou en Xixón o 29 de marzo de 1978 ante Noruega, con vitoria de España por tres a cero.
Palmarés Campionatos estatais TítuloClubPaísAnoCopa do ReiFC Barcelona1981Copa da LigaFC Barcelona1982Copa do ReiFC Barcelona1983LigaFC Barcelona1985SupercopaFC Barcelona1984Copa da LigaFC Barcelona1986Copa do ReiFC Barcelona1988
Copas internacionais TítuloEquipoPaísAnoRecopa de EuropaFC Barcelona1982
Distincións individuais DistinciónAnoTrofeo Zamora1984
Categoría:Nados en Donostia Categoría:Nados en 1952 Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Xogadores da Real Sociedad B Categoría:Xogadores da Real Sociedad Categoría:Xogadores do RCD Espanyol Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Xogadores da selección de fútbol do País Vasco Categoría:Finados en accidente de tráfico Categoría:Gañadores do Trofeo Zamora Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1978 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1982 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1986