dereita|miniatura|Estatua de Leonardo Sciascia en Racalmuto.
Leonardo Sciascia, nado en Racalmuto (Agrigento) o 8 de xaneiro de 1921 e finado en Palermo o 20 de novembro de 1989, foi un escritor siciliano.
Traxectoria Estudou Maxisterio en Caltanissetta e foi mestre en Racalmuto entre 1949 e 1957 e en Caltanissetta entre 1957 e 1969. En 1970 deixou a ensinanza e pasou a exercer o xornalismo en Corriere della Sera. Simpatizou co Partido Comunista Italiano, mais acabou por afastarse da liña oficial para adoptar unha posición independente, o que lle valeu o recoñecemento e estima de literatos, políticos e público en xeral, que o consideraran "conciencia crítica de Italia" pola súa implacable denuncia da corrupción política e da violencia mafiosa. En 1975 foi elixido concellleiro na cidade de Palermo, mais dimitiu dous anos máis tarde; despois foi elixido deputado europeo e deputado ao congreso italiano (1979-1983) polo Partido Radical de Marco Panella. Formou parte da comisión de investigación sobre o asasinato de Aldo Moro.
Finou por mor dun cancro.
Obra Sicilia e as súas xentes están presentes na maioría das súas obras. En 1956 publicou Le parrocchie di Regalpetra, unha narración aparentemente neorrealista mais de carácter autobiográfico e ensaístico, ambientada nunha aldea siciliana, trasunto de Racalmuto. En 1961 publicou a súa primeira novela policial sobre a mafia, Il giorno della civetta, de temática similar a A ciascuno il suo (1966). Il consiglio d'Egitto (1963) está ambientado en Sicilia a finais do século XVIII.
Le favole della dittatura (1950) La Sicilia, il suo cuore (1952) Pirandello e il pirandellismo (1953) Le parrocchie di Regalpetra (1956) Gli zii di Sicilia (1958) Il giorno della civetta (1961) Il consiglio d'Egitto (1963) Morte dell'Inquisitore (1964) L'Onorevole (1965) Feste religiose in Sicilia (1965; fotografías de Ferdinando Scianna) A ciascuno il suo (1966) Narratori in Sicilia (1967; con S. Guglielmino) Recitazione della controversia liparitana dedicata ad A.D. (1969) La corda pazza (1970) Atti relativi alla morte di Raymond Roussel (1971) Il contesto (1971) O mar da cor do viño (Il mare color del vino, 1973; tradución ao galego de Silvia Gaspar) Todo modo (1974) La scomparsa di Majorana (1975) Cola pesce (1975) I pugnalatori (1976) Candido, ovvero un sogno fatto in Sicilia (1977) L'affaire Moro (1978) Nero su nero (1979) Dalle parti degli infedeli (1979) Il teatro della memoria (1981) Conversazioni in una stanza chiusa (1981; con Davide Lajolo) Kermesse (1982) La sentenza memorabile (1982) Cruciverba (1983) Cronachette (1983) Per un ritratto dello scrittore da giovane (1985) La strega e il capitano (1986) 1912+1 (1986) Porte aperte (1987) Il cavaliere e la morte (1988) Ore di Spagna (1988) Alfabeto pirandelliano (1989) Una storia semplice (1989) Occhio di capra (1990) Fatti diversi di storia letteraria e civile (1989) A futura memoria (se la memoria ha un futuro) (1989)
Véxase tamén Ligazóns externas Amici di Leonardo Sciascia
Categoría:Escritores de Italia Categoría:Escritores en lingua italiana Categoría:Nados na provincia de Agrigento Categoría:Nados en 1921 Categoría:Finados en 1989