Cándido Viñas Calvo, nado en Pontevedra en 1902 e finado na mesma cidade en abril de 1978, foi un mestre e escritor galego en lingua castelá.

Traxectoria Fillo de José Viñas del Monte e irmán da pintora Avelina Viñas Calvo.Avelina Viñas Calvo, na páxina web Do gris ao violeta. Mestre. Comezou a publicar na década dos trinta, dándose a coñecer en 1934 con Horas huidas. A maior parte da súa poesía xira en torno a Pontevedra e a súa bisbarra. Colaborou nas revistas Finisterre, Sonata Gallega e Litoral. Publicou en 1972 o poemario Xoias e coitas da terra orballada, a súa primeira publicación en galego. Foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega. Finou en Pontevedra en abril de 1978.El Pueblo Gallego, 14-4-1978, p. 24.La Voz de Galicia, 14-4-1978 p. 45.

Obras Horas huidas: poemas (poesía; Vigo, 1934) Tropel de ritmos (poesía; Pontevedra, 1935) Huellas en desorden. Poemas 1935-39 (poesía; Pontevedra, 1940) Valleamar: 1940-1941 (poesía; Pontevedra, 1941) La cima extraviada (poesía; Pontevedra, 1943) Galas y gozos de Pontevedra (poesía; Pontevedra, 1945) Caminando al sol de Galicia (poesía; Pontevedra, 1946) Anacos (1950) Río Lérez: poemas (poesía; Pontevedra, 1950; Segundo premio no Concurso literario do Centro Galego de Buenos Aires) Gracia e ingenio de Pontevedra (1954) Hombres y cosas de ayer y de hoy. Humorismo pontevedrés (relatos, 1967) Presencia y gozo del humorismo gallego (1968) En Galicia, una vez... (1969) El cura de Ouriños y otros desvelos (1971) Xoias e coitas da terra orballada (1972)

Vida persoal

Casou con Elena del Valle del Río en 1935,El Pueblo Gallego, 10-9-1935, p. 11. e foi pai de Carlos e José María Viñas del Valle.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

VIÑAS CALVO, Cándido, artigo na Gran Enciclopedia Galega.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Nados en Pontevedra

Categoría:Nados en 1902

Categoría:Finados en 1978