dereita|miniatura|Seleccións galegas masculinas e femininas do Euro Gaelic Football Cup 2022.

miniatura|Selección galega de fútbol gaélico no encontro contra Bretaña no 2012.

A selección de fútbol gaélico de Galicia é o equipo de fútbol gaélico recoñecido pola Asociación Atlética Gaélica que representa a Galicia nos campionatos internacionais deste deporte.

A selección de fútbol gaélico é a primeira selección deportiva galega que compite de xeito oficial nun torneo internacional.

miniatura|200px|Galicia - Bretaña de 2012. Historia En xullo de 2012, da man de Siareiras Galegas, xogouse o primeiro partido da selección galega, nun encontro disputado en Narón contra a Selección Bretoa vencendo no primeiro partido entre dous combinados nacionais. En agosto de 2013 a Selección Galega devolveu a visita a Selección Bretoa con motivo do Festival Interceltico de Lorient, desta vez a selección caeu derrotada.

No 2015, as seleccións galegas masculina e feminina participaron no Campionato do Mundo de Fútbol Gaélico nos Emiratos Árabes Unidos, a primeira edición desta competición da historia. A selección galega masculina proclamouse subcampioa do mundo. A selección feminina chegaou ata as semifiniais e caeu ante Oriente Medio.

No campionato EuroGames 2018 (campionato europeo de seleccións de fútbol gaélico) xogado en Lorient no mes de agosto , o equipo feminino acadou a primeira praza vencendo na final a Francia por 28 puntos a 24. A selección masculina acadou a segunda posición no campionato perdendo na final xogada tamén ante Francia (10-15).

Resultados DataLugarEquipo LocalEquipo VisitanteResultadoGoleadores20-07-2012Narón, A Coruña Galicia20px Bretaña 5-8(23) - 3-8(17)​Miragaya (2-0) Óscar Rodríguez (1-1) Carlos Seco (1-1) Isaac Xubín (1-0) Alberto Méndez (0-2) Julián Díaz (0-1) Pedro Alberte Aguado (0-1) Martín Fernández (0-1) Pablo Fuentes (0-1)11-08-2013Lorient, Bretaña Galicia20px Bretaña 3-12(18)​ - 1-8(11)09-08-2014A Estrada, Pontevedra Galicia20px Combinado Madrid 11-11(44) - 2-13(19) 04-10-2014O Grove, Pontevedra Galicia20px Combinado Irlanda (25) - (30) 07-03-2015Doha, Abu Zabi Galicia20px Suráfrica (9) - (2) 07-03-2015Doha, Abu Zabi Galicia20px Arxentina (6) - (10) 07-03-2015Doha, Abu Zabi GaliciaOriente Medio (9) - (2) 08-03-2015Doha, Abu Zabi Galicia20px Suráfrica (12) - (5) 08-03-2015Doha, Abu Zabi Galicia20px Arxentina (4) - (7)18-03-2017Ourense Galicia20px Francia (17) - (50)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web

Categoría:Seleccións deportivas de Galicia Categoría:Fútbol gaélico en Galicia