Russian Circles é unha banda estadounidense de rock/metal instrumental procedente de Chicago. Nos seus inicios xirou como abreconcertos con grupos como Boris, Isis, Red Sparowes, Minus the Bear, Daughters, Coheed and Cambria, Mono e Pelican, ademais de aparecer no festival SXSW en 2006 e no Bonnaroo en 2009. Tamén actuou de abreconcertos para Tool durante a súa primeira xira no Reino Unido en 2007. O seu nome foi collido dun exercicio usado en xóckei sobre xeo.
Traxectoria A banda foi formada a finais de 2004 polo guitarrista Mike Sullivan e o baixista Colin DeKuiper (ámbolos dous tocaban anteriormente no grupo instrumental Dakota/Dakota), e rapidamente recrutaron ao batería Dave Turncrantz, que tocara na banda de St. Louis Riddle of Steel. No ano 2006 Russian Circles publicaría o seu traballo de estrea, Enter.
En outono de 2007, anunciouse que a banda rompera a súa relación con Colin DeKuiper. Como resultado, as pistas de baixo do seu segundo álbum, Station, serían gravadas polo ex-baixista de Botch e These Arms Are Snakes Brian Cook, que se uniría ao grupo permanentemente. O seu terceiro traballo, Geneva, lanzouse o 20 de outubro de 2009 e chegou ao número 24 da lista Billboard Heatseekers.
No ano 2011 Russian Circles asinou un contrato con Sargent House, que anteriormente só publicara en exclusiva os álbums da banda en edicións limitadas en vinilo. O seu cuarto álbum, Empros, foi lanzado o 25 de outubro de 2011. Tras a edición o grupo iniciou unha xira de promoción xunto con Deafheaven. En maio de 2013 o grupo comezou a gravar o seu quinto traballo de estudio, producido por Brandon Curtis. Memorial publicouse a finais de outubro dese ano e aparece Chelsea Wolfe como vocalista invitada. Xuntos comezarían unha xira por Europa ese mesmo outono.
Discografía Álbum Ano Selo Enter 2006 Flameshovel/vinilo en Sargent House Station 2008 Suicide Squeeze Records/vinilo en Sargent House Geneva 2009 Suicide Squeeze Records/vinilo en Sargent House Empros 2011 Sargent House Memorial 2013 Sargent House Guidance 2016 Sargent House Blood Year 2019 Sargent House Gnosis 2022 Sargent House Nine 2026 Sargent House
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de Chicago, Illinois Categoría:Grupos musicais de rock instrumental Categoría:Grupos musicais de post-metal Categoría:Grupos musicais de post-rock Categoría:Grupos musicais formados en 2004