Celestino Buján Suárez, nado en Argalo (Noia) en 1859Marco López e Porto Ucha (2000): p.250-251. e finado en Santiago de Compostela o 5 de abril de 1927,El Compostelano, 6-4-1927, p.2.Necrolóxica en El Compostelano, 27-4-1927, p. 3. foi un mestre e xornalista galego.
Traxectoria Iniciou a súa profesión de mestre en 1878. Foi mestre nacional nas escolas elementais de Cesuras (1878-1882), Serantes (1882-1887) e Lugo (1887-1893). Desde marzo de 1893 traballou como mestre interino do Colexio de Xordomudos e Cegos de Santiago de Compostela, obtendo a praza en propiedade en 1900. Despois foi profesor auxiliar e, desde o 11 de febreiro de 1897, secretario da Escola Normal de Santiago de Compostela. Fundou e dirixiu en 1892 a revista de primeiro ensino El Mensajero (Lugo) e dirixiu El Magisterio Gallego. Tamén colaborou con outros xornais, como La Idea Moderna (Lugo).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Xornalistas de Noia Categoría:Nados en Noia Categoría:Nados en 1859 Categoría:Finados en 1927 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos