Maimuna Amadu Murasjko (en belaruso: Маймуна Амаду Мурашко), coñecida como Maimuna, é unha violinista belarusa que representará a Belarús no Festival de Eurovisión 2015 xunto a Uzari coa canción "Time".

Biografía Maimuna naceu en San Petersburgo, Rusia de nai belarusa e pai maliano. Cando ela era pequena, a súa familia mudouse a Malí, pero ela mudouse coa súa avoa a Mahilioŭ, Belarús, onde ela pasou toda a súa infancia.

Carreira 1990-2013: Principio Maimuna participou en competicións internacionais incluíndo o 1990 Young Virtuoso en Kíiv e o 1996 Music of Hope Competition.

2014-actualidade: Festival de Eurovisión 2015 O 5 de decembro de 2014, Maimuna foi anunciada como unha das participantes do Eurofest 2015 xunto a Uzari coa canción "Time". Uzari e Maimuna gañaron a competición con 76 puntos, quedando terceiros no televoto e primeiros en tres dos cinco xurados. Eles representarán a Belarús no Festival de Eurovisión 2015 en Viena, Austria.

Notas

Categoría:Representantes de Belarús en Eurovisión Categoría:Nados en San Petersburgo Categoría:Nados en 1980