Velvet é unha serie de televisión española producida por Atresmedia en colaboración con Bambú Producciones para a súa emisión en Antena 3. A súa estrea foi o 17 de febreiro de 2014. Está protagonizada por Paula Echevarría e Miguel Ángel Silvestre.

Sinopse Na España de 1958 hai un lugar ao que todo o mundo desexaría ir de compras polo menos unha vez na vida: as 'Galerías Velvet'. Situadas na Gran Vía madrileña, entre as súas paredes encóntranse os traxes máis elegantes, sofisticados e caros do momento, pero sobre todo escóndese unha das máis marabillosas historias de amor que se contase xamais: a de Ana (Paula Echevarría) e Alberto (Miguel Ángel Silvestre).

Ela, unha humilde costureira que traballa nas galerías dende que era nena. El, un novo e aposto rapaz destinado a herdar o maxestoso imperio da moda española que ata agora goberna o seu pai, don Rafael Márquez (Tito Valverde).

Entre finas teas e vestidos de alta costura que evocan unha vida marabillosa, ambos os dous están dispostos a romper coas normas da época e vivir o seu amor máis alá do que pensen os demais e dos que traten de impedilo. Non obstante, o destino non lles poñerá o camiño nada doado para poder vivir xuntos o seu amor verdadeiro, que se converterá debido ás circunstancias nun amor prohibido...

Personaxes Paula Echevarría é Ana Ribera Miguel Ángel Silvestre é Alberto Márquez Aitana Sánchez-Gijón é Blanca Soto Manuela Velasco é Cristina Otegui Manuela Vellés é Luisa Rivas Marta Hazas é Clara Montesinos Maxi Iglesias é Maximiliano "Max" Expósito Javier Rey é Mateo Ruiz Cecilia Freire é Margarita "Rita" Montesinos Adrián Lastra é Pedro Infantes Miriam Giovanelli é Patricia Márquez Sara Rivero é Carmen Soto Natalia Millán é Gloria Campos José Sacristán é Emilio López Tito Valverde é Rafael Márquez Asier Etxeandia é Raúl de la Riva Juan Ribó é Francisco Pep Munné é Gerardo Otegui Cristina Plazas é Pilar Márquez Cristina de Inza é Doña Aurorita Armando del Río é Sergio Canals Diego Martín é Enrique Otegui Amaia Salamanca é Bárbara de Senillos Peter Vives é Carlos Álvarez Ángela Molina é Isabel Navarro Llorenç González é Jonás Infantes Juana Acosta é Sara Ortega Daniel Guzmán é Lucas Ruiz Silvia Marsó é Julia Lagasca Anna Briansó é Herminia Lagasca Marisa Lahoz é Sagrario Lagasca Juan Gea é Lorenzo Palacios Ginés García Millán é Esteban Márquez Kiti Mánver é Consuelo Eva Ugarte é Rosa María "Rosamari" Blázquez

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión en lingua árabe Categoría:Series de televisión de España Categoría:Series de televisión de Antena 3 Categoría:Series de televisión ambientadas na década de 1950 Categoría:Series de televisión ambientadas na década de 1960