thumb|Escola de samba Portela Unha escola de samba é un tipo de asociación de carácter popular dedicada ao canto e danza da samba, case sempre cun propósito competitivo. A súa orixe atópase na cidade de Río de Xaneiro e as escolas de samba preséntanse en espectáculos públicos, formando un cortexo que segue un argumento, denominado samba-enredo, bailando e cantando acompañados por unha batería; os seus compoñentes — que varían de centos ata milleiros — usan fantasías alusivas ao tema proposto, a maioría desfila a pé e unha minoría vai sobre carro, onde tamén se colocan esculturas de papel maché, así como outros aderezos.
As escolas de samba máis coñecidas son as da cidade de Río de Xaneiro e a súa rexión metropolitana, que desfilan no Sambódromo do Marquês de Sapucaí, e as de São Paulo, que desfilan no Sambódromo paulistano. Esas escolas realizan un espectáculo considerado suntuoso, que atrae turistas de todo o mundo. Así e todo, hai escolas de samba en case todos os estados brasileiros e en moitos países do mundo. Son unha das manifestacións máis coñecidas do carnaval brasileiro, e de cada vez teñen máis aspectos escénicos, con algúns dos seus compoñentes executando dramatizacións teatrais ou coreografías.
A gran maioría das escolas de samba, principalmente as de Río de Xaneiro, inclúen na súa denominación a expresión "Grêmio Recreativo Escola de Samba" (GRES) antes do seu nome propiamente dito. En São Paulo é tamén común a forma "Grêmio Recreativo Cultural e Escola de Samba". Hai excepcións, como a "Sociedade" Rosas de Ouro e a tradicional "Agremiação Recreativa e Escola de Samba" Vizinha Faladeira. A estandarización nas nomenclaturas das entidades xurdiu en 1935 ao obrigaren as autoridades os grupos carnavalescos cariocas a obter un certificado na Delegación de Costumes e Diversións para poderen desfilar. O delegado titular, Dulcídio Gonçalves, decidido a dar un aspecto de maior organización aos desfiles de escolas de samba, negouse a conceder o certificado a asociacións con nomes considerados extravagantes, así a denominada Vai Como Pode tivo que mudar ao seu actual nome GRES Portela.Fernandes, Nélson da Nóbrega. Escolas de Samba: sujeitos celebrantes e objetos celebrados - pág. 94 (112 do e-book) O desfile de cada escola de samba é un traballo considerado comunitario. Van para alén dun grupo musical, e frecuentemente actúan como asociacións de barrio que traballan na mellora social das comunidades que representan, como recursos educativos ou sanitarios. Notas
Categoría:Música do Brasil Categoría:Entroido Categoría:Cultura do Uruguai Categoría:Cultura do Brasil