Lugonovo foi un movemento cidadán e político creado na cidade de Lugo que se presentou ás eleccións municipais de maio de 2015 obtendo tres concelleiros. Xurdiu da confluencia de Gañemos Lugo e Lugo en Común como ferramenta política de loita contra o que identificaba como un proceso de "descomposición institucional".
Historia O candidato nas eleccións de 2015 foi o mestre de Abadín Santiago Fernández Rocha. Logo das Eleccións municipais de 2015 en Galicia, Lugonovo conseguiu tres representantes na corporación. Para a investidura do candidato do Partido dos Socialistas de Galicia puxo como condición a renuncia de Xosé López Orozco, alcalde até aquel momento, pola súa vinculación con varios casos de corrupción, negándose a apoiar a persoas imputadas como representantes públicas. Finalmente, Lara Méndez foi elixida alcaldesa de Lugo.
Na creación do movemento participaron diversos partidos políticos, como Anova, Podemos e Espazo Ecosocialista Galego, mais a diferenza doutros municipios non Esquerda Unidahttp://praza.gal/politica/9052/eu-integrase-na-alternativa-cidada-de-esquerdas-para-as-municipais-en-lugo/ que decidiu apoiar á candidatura Alternativa Cidadá de Esquerdas.
Lugonovo perdeu a representación no concello de Lugo tras as eleccións municipais de 2019, no contexto dunha forte fragmentación no campo da esquerda, con candidaturas separadas de Podemos (4% do voto), Esquerda Unida (2,74%) e o propio Lugonovo (2,77%).
Notas
Véxase tamén Outros artigos En Marea Marea Atlántica Marea de Vigo Marea Pontevedra Compostela Aberta Ferrol en Común
Ligazóns externas Páxina oficial Twitter oficial
Categoría:Forzas políticas de Galicia Categoría:Lugo