Aceite de fígado de tiburón é o nome colectivo que reciben os aceites extraídos do fígado de diversas especies de tiburóns.
Son aceites de cor que vai da amarela á parda, de forte cheiro e, como todos os aceites, son insolúbeis en auga e solúbeis en éter, benceno e disulfuro de carbono.
Utilízanse como fonte de vitamina A e de ácidos graxos Omega 3, e tamén en investigacións bioquímicas.
Categoría:Aceites e graxas animais