The Witcher 2: Assassins of Kings (en ) é un videoxogo de rol e acción desenvolvido polo estudio polaco CD Projekt RED para Microsoft Windows, Xbox 360, macOS e Linux. O xogo foi lanzado internacionalmente para Microsoft Windows o 17 de maio de 2011 e para Xbox 360 o 17 de abril de 2012.
É a secuela do título de 2007 The Witcher. Ó igual que o seu predecesor, o xogo baséase na serie de novelas de fantasía The Witcher, do autor polaco Andrzej Sapkowski. O xogador controla a personaxe de Geralt de Rivia, un cazador de monstros. O mundo de fantasía no que se desenvolve a historia contén moitos elementos da historia de Polonia e da mitoloxía eslava.
O xogo foi un éxito comercial e da crítica, vendendo máis de 1,7 millóns de unidades para PC e Xbox 360 até maio de 2012. O terceiro título da serie, The Witcher 3: Wild Hunt, foi estreado o 19 de maio de 2015.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Videoxogos de 2011 Categoría:Videoxogos de rol Categoría:Videoxogos de The Witcher Categoría:Videoxogos de Atari Categoría:Videoxogos de Bandai Namco Categoría:Videoxogos de CD Projekt Categoría:Videoxogos de Warner Bros. Interactive Entertainment Categoría:Videoxogos dun só xogador Categoría:Videoxogos de Linux Categoría:Videoxogos de OS X Categoría:Videoxogos de Windows Categoría:Videoxogos de Xbox 360 Categoría:Videoxogos desenvolvidos en Polonia