The Witcher 3: Wild Hunt (en ) é un videoxogo de rol e acción en mundo aberto, desenvolvido polo estudio polaco CD Projekt RED. Foi lanzado para Microsoft Windows, PlayStation 4 e Xbox One o 19 de maio de 2015. É o terceiro título da serie, precedido por The Witcher e The Witcher 2: Assassins of Kings, que están baseados na serie de novelas homónima do autor polaco Andrzej Sapkowski. O director foi Konrad Tomaszkiewicz e os compositores foron Marcin Przybyłowicz, Mikołaj Stroiński e Percival.

Xogado na perspectiva de terceira persoa, o xogador controla o protagonista Geralt de Rivia, un cazador de monstros coñecido como witcher, que comeza unha longa viaxe a través do Reinos do Norte. Os xogadores loitan contra os diferentes perigos do mundo empregando armas e maxia, mentres interactúan con personaxes e completan misións para progresar na historia.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Videoxogos de 2015 Categoría:Videoxogos de rol Categoría:Videoxogos de CD Projekt Categoría:Videoxogos de Warner Bros. Interactive Entertainment Categoría:Videoxogos de Bandai Namco Categoría:Videoxogos de Windows Categoría:Videoxogos de PlayStation 4 Categoría:Videoxogos de Xbox One Categoría:Videoxogos de Xbox Series X e Series S Categoría:Videoxogos de Nintendo Switch Categoría:Videoxogos dun só xogador Categoría:Videoxogos de The Witcher Categoría:Videoxogos de mundo aberto Categoría:Videoxogos desenvolvidos en Polonia