Szilárd Keresztes, nado o 19 de xullo de 1932 en Nyíracsád (Hungría) e finado en Nyíregyháza o 13 de agosto de 2025,Keresztes Szilárd püspök hazaköltözött a Mennyei Atyához foi un eclesiástico grecocatólico húngaro, bispo de Hajdúdorog dende 1988 até 2007.

Traxectoria Foi ordenado sacerdote o 7 de agosto de 1955. O 7 de xaneiro de 1975 foi nomeado bispo auxiliar de Hajdúdorog e bispo titular de Chunavia. Recibiu a consagración episcopal o 8 de febreiro, de mans do bispo de Hajdúdorog Imre Timkó, e tendo como principais co-consagradores ao bispo de Pécs József Cserháti e ao auxiliar de Križevci Joakim Segedi.

O 30 de xuño de 1988 foi nomeado bispo de Hajdúdorog e administrador apostólico de Miskolc. Retirouse o 10 de novembro de 2007.

Notas

Categoría:Nados en 1932 Categoría:Finados en 2025 Categoría:Nados no condado de Hajdú-Bihar Categoría:Bispos da Igrexa católica bizantina húngara Categoría:Bispos católicos de Hungría Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Bispos católicos do século XXI