Lucia Borloni, nada en Milán o 28 de xaneiro de 1931 e finada en Segovia o 23 de marzo de 2020, foi unha actriz italiana coñecida como Lucia Bosè, que acadou a fama durante a época do neorrealismo.

Traxectoria Filla de Domenico Borloni e Francesca Bosè, tras varios anos traballando nunha panadaría da súa cidade, Pasticceria Galli, en 1947 gañou o concurso de beleza de Miss Italia. Actuou nunha curtametraxe de Dino Risi e debutou na pantalla grande en 1950 en Non c'è pace tra gli ulivi, de Giuseppe De Santis. O mesmo ano interpretou a Paola Molon en Cronaca di un amore, de Michelangelo Antonioni. En 1953 volveu actuar para Antonioni en La signora senza camelie e Juan Antonio Bardem escolleuna para o papel protagonista de Muerte de un ciclista (1955).

A súa carreira floreceu ata 1956, cando casou co toureiro español Luis Miguel Dominguín e abandonou a actuación para ocuparse dos fillos. En 1960 interpretou un papel sen acreditar en O testamento de Orfeo, de Jean Cocteau e volveu ao cinema a finais da década de 1960.

Filmografía Non c'è pace tra gli ulivi, de Giuseppe De Santis (1950) Cronaca di un amore, de Michelangelo Antonioni (1950) La signora senza camelie, de Michelangelo Antonioni (1953) Muerte de un ciclista, de Juan Antonio Bardem (1955) Gli Sbandati, de Francesco Maselli (1955) Cela s'appelle l'aurore, de Luis Buñuel (1956) O testamento de Orfeo, de Jean Cocteau (1960) Fellini Satyricon, de Federico Fellini (1969) Baixo o signo de scorpio, dos irmáns Taviani (1969) L'ospite, de Liliana Cavani (1972) Arcana, de Giulio Questi (1972) Nathalie Granger, de Marguerite Duras (1972) La messe dorée, de Beni Montresor (1975) Lumière, de Jeanne Moreau (1976) Violanta, de Daniel Schmid (1977) Crónica de una muerte anunciada, de Francesco Rosi (1987) El niño de la luna, de Agustí Villaronga (1989) Harem suaré, de Ferzan Özpetek (1999) I vicerè, de Roberto Faenza (2007)

Vida persoal Casou co toureiro Luis Miguel Dominguín. Foi a nai do cantante Miguel Bosé e avoa da modelo Bimba Bosé.

Finou como consecuencia da epidemia de coronavirus de 2019.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Actores de cinema de Italia Categoría:Nados en Milán Categoría:Nados en 1931 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Finados pola COVID-19 en España