Veciños de Bergondo (VB) foi un partido político galego de ámbito municipal de Bergondo rexistrado o 15 de marzo de 2007.
Historia Xurdiu como unha iniciativa veciñal constituíndose como partido político no ano 2007, sendo algúns integrantes da formación antigos cargos ou militantes do Partido Popular de Galicia. Foi elixido como o candidato á alcaldía para os seguintes comicios municipais Manuel Fafián, antigo militante do PP. Nas eleccións municipais de 2007 logrou 761 votos (18,91%) e dous concelleiros, gobernando o PSdeG-PSOE en minoría.
Nas eleccións municipais de 2011, con Manuel Fafián novamente como o candidato á alcaldía, logrou 672 votos (16,47% ), mantendo os seus dous concelleiros, o que propiciou un acordo co PSdeG-PSOE, con catro concelleiros, para formar un goberno de coalición. Foi elixida alcaldesa a candidata do PSdeG-PSOE Alejandra Pérez Máquez, namentres Fafián foi nomeado primeiro tenente de alcalde e concelleiro de medio ambiente, infraestruturas, vías e obras. Veciños de Bergondo rompeu no ano 2013 o pacto de coalición, gobernando o PSdeG-PSOE en minoría ata o final da lexislatura.
Nos comicios de 2015, con Manuel Fafián á cabeza, conseguiu tres membros da corporación con 699 votos (19,03 %), gobernando o PSdeG-PSOE en minoría. No ano 2019 integrouse no Partido Popular de Galicia, concorrendo Manuel Fafián como o candidato do PP á alcaldía deste municipio.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Bergondo
Categoría:Bergondo Categoría:Partidos políticos desaparecidos de Galicia