Jordan Taylor Clarkson, nado o 7 de xuño de 1992 en Tampa, Florida, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos Utah Jazz da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional O 26 de xuño de 2014, Clarkson foi seleccionado na 46ª posición do Draft da NBA de 2014 polos Washington Wizards. Na mesma noite do Draft foi traspasado ós Los Angeles Lakers. O 25 de agosto de 2014, asinou un contrato de rookie cos Lakers. Ó remate da súa primeira tempada na NBA, foi incluído no mellor equipo de rookies da NBA.

O 8 de febreiro de 2018, Clarkson foi traspasado xunto a Larry Nance, Jr. ós Cleveland Cavaliers a cambio de Isaiah Thomas, Channing Frye e unha elección da primeira rolda do Draft de 2018.

O 24 de decembro de 2019, Clarkson foi traspasado ós Utah Jazz a cambio de Dante Exum e dúas futuras eleccións da segunda rolda do Draft.

Estatísticas Tempada regular Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS 2014–15 LA Lakers 59 25.0 .448 .314 .829 3.2 3.5 0.9 0.2 11.9 2015–16 LA Lakers 79 32.3 .433 .347 .804 4.0 2.4 1.1 0.1 15.5 2016–17 LA Lakers 82 29.2 .445 .329 .798 3.0 2.6 1.1 0.1 14.7 2017–18 LA Lakers 53 23.7 .448 .324 .795 3.0 3.3 0.7 0.1 14.5 2017–18 Cleveland 28 22.6 .456 .407 .810 2.1 1.7 0.7 0.1 12.6 2018–19 Cleveland 81 27.3 .448 .324 .844 3.3 2.4 0.7 0.2 16.8 2019–20 Cleveland 29 23.0 .442 .371 .884 2.4 2.4 0.6 0.3 14.6 Total 411 27.2 .444 .338 .821 3.2 2.7 0.9 0.1 14.7

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Tampa Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Utah Jazz