Imre Timkó, nado o 13 de agosto de 1920 en Budapest e finado o 30 de marzo de 1988 en Hajdúdorog (Hungría), foi un eclesiástico grecocatólico húngaro, bispo de Hajdúdorog dende 1975 até 1988. Traxectoria Foi ordenado sacerdote o 8 de decembro de 1945. O 10 de xaneiro de 1975 o papa Paulo VI nomeouno bispo de Hajdúdorog e administrador apostólico de Miskolc. Recibiu a consagración episcopal o 8 de febreiro, de mans do bispo auxiliar de Križevci Joakim Segedi, e tendo como principais co-consagradores ao arcebispo de Kalocsa József Ijjas e ao arcebispo de Eger József Bánk.

Finou no cargo, o 30 de marzo de 1988.

Notas

Categoría:Nados en 1920 Categoría:Nados en Budapest Categoría:Bispos da Igrexa católica bizantina húngara Categoría:Bispos católicos de Hungría Categoría:Finados en 1988 Categoría:Personalidades sen imaxes