Sandra Dale “Sandy” Dennis, nada en Hastings (Nebraska) o 27 de abril de 1937 e finada en Westport (Connecticut) o 2 de marzo de 1992 foi unha actriz estadounidense.
Traxectoria Dennis criouse en Nebraska, comezando no teatro durante a universidade, antes de marchar a Nova York aos dezanove anos.
Debutou na televisión en 1956 en The Guiding Light e no cinema en Esplendor na herba (1961). Porén, a súa carreira centrouse máis no teatro, gañando dous premios Tony consecutivos.
En 1966 gañou o Oscar á mellor actriz secundaria por interpretar a fráxil esposa de George Segal en ¿Quen teme a Virginia Woolf?. Foi membro do Actors Studio e defensora do “método”.
O seu último filme foi The Indian Runner, debut coma director de Sean Penn.
Faleceu de cancro de ovarios aos 54 anos.
Filmografía Ano Título Personaxe Notas1961Esplendor na herbaKay1966¿Quen teme a Virginia Woolf?HoneyThe Three SistersIrina1967Up the Down StaircaseSylvia BarrettThe FoxJill Banford1968Sweet NovemberSara Deever1969That Cold Day in the ParkFrances AustenA Touch of LoveRosamund Stacey1970The Out of TownersGwen Kellerman1975Mr. SycamoreJane Gwilt1976God Told Me ToMartha Nicholas1977Nasty HabitsSister Winifred1981The Four SeasonsAnne Callan1982Come Back to the Five and Dime, Jimmy Dean, Jimmy DeanMona1988Another WomanClaire976-EVILAunt Lucy1989ParentsMillie Dew1991The Indian RunnerMrs. Roberts
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Sandy Dennis Foundation Sandy Dennis, Veteran Actress And Prize Winner, Is Dead at 54, New York Times, 5 de marzo de 1992
Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de Nebraska Categoría:Nados en Nebraska Categoría:Nados en 1937 Categoría:Finados en 1992