Josep Salvany i Lleopart nado en Cervera en 1777-1778 e morto en Cochabamba o 21 de xullo de 1810, foi un médico militar catalán participante da Real Expedición Filantrópica da Vacina.

Biografía 300px|esquerda|miniatura|Expedición da vacina en América.

Dende moi novo interesouse pola cultura e as humanidades malia a súa feble saúde. Estudou gramática en Barcelona entre os anos 1784 a 1786, e entre 1786 a 1788, latín, retórica e poesía. Tamén estudou filosofía no Convento de San Agustín de Barcelona dende 1789 a 1791.

O 15 de outubro de 1791 fai o exame de latín, lóxica e física para ingresar no Real Colexio de Cirurxía de Barcelona. Alí está dende 1791 a 1796 obtendo boas notas, case todas máximas cualificacións. Foi axudante dos doutores Boven e Capdevilla, eminentes cirurxiáns a quen facía as substitucións nas clases.

Licenciado en cirurxía, ingresa no Exército. Serve no IV Batallón de Guardias Walonas (Valones) como cirurxián interino. Despois é cirurxián do III Batallón do Rexemento de Irlanda. Despois do V Batallón de Infantaría de Navarra. Tódolos postos militares tenos que deixar por problemas de saúde.

En 1799, solicita praza de cirurxián na Facultade de Barcelona. Non atenden as súas peticións, demasiado novo para ser profesor ou para deixar o exército. Con 26 anos foi proposto como segundo director da Real Expedición Filantrópica da Vacina. O proxecto considerouse demasiado perigoso para estar en mans dunha soa persoa e o seu posto sería só por se lle acontecese algo ao director Francisco Xavier Balmis.

A expedición parte da Coruña 30 de novembro de 1803 chegando a Venezuela Balmis decide dividir en dúas a expedición deixando a Salvany ao cargo da expedición que levará a vacina da varíola polo continente cara Buenos Aires. Balmis volveu a Lisboa o 14 de agosto de 1806, despois de dar a volta ao mundo, e ao chegar a Madrid foi recibido con honras e recoñecementos. Salvany continuou coa expedición recorrendo 18 000 quilómetros ata morrer ignorado en Cochabamba o 21 de xullo de 1810. Foi soterrado nunha foxa común, da cal non se sabe a súa localización.

Notas

Categoría:Nados en Cervera Categoría:Finados en 1810