Ramón Pérez Cabaleiro, finado o 1 de setembro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria En 1930 foi elixido presidente da Sociedad Liceo Casino do Porriño e en 1931 era o presidente da Federación de Trabajadores do Porriño. Presidente da Federación Agraria Municipal. Representando á Federación Agraria participou na reunión do 27 de xaneiro de 1936 de constitución do Comité de Izquierdas da Fronte Popular. Co triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro foi nomeado concelleiro e elixido primeiro tenente alcalde do concello o 10 de marzo.El Pueblo Gallego, 15-3-1936, p. 4. Foi elixido compromisario para a elección do presidente da República. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi asasinado o 1 de setembro con José Cordal Yáñez e Severo Boente. O seu cadáver apareceu na estrada de Salceda de Caselas-O Porriño.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Personalidades do agrarismo Categoría:Concelleiros do Porriño

Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Finados en 1936 Categoría:Nados en ano descoñecido