O castelo de Verrès é un dos monumentos medievais máis famosos do Val de Aosta, lugar de paso entre Italia e o noroeste europeo. Foi construído no século XIV como unha fortaleza militar de Ibleto de Challant (1330 - Verrès, 1409), ilustre membro da liñaxe Challant, que ostentaba o cargo de capitán xeneral e gobernador do Piemonte entre 1379 e 1404, durante o reinado de tres condes Amedeos da Casa de Savoia: o VI, o VII e Amedeo VIII de Savoia|o VIII.

É un dos primeiros exemplos de castelo monobloque, é dicir, constrído nun único edificio, a diferenza dos castelos máis antigos formados por un conxunto de construcións protexidas por unha muralla. As obras duraron preto de vinte anos e en 1390 estaban rematadas. No século XVI, aproveitando a orografía, fíxose unha cinta murada rodeando a edificación para adaptala a novos usos militares. Presenta, ademais desta muralla, numerosos elementos que amosan o seu carácter defensivo: portas fortificadas, portelas a diferentes andares, galería exterior en beiril...

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas O castelo na web da Rexión do Val de Aosta e O castelo na web da Comuna de Fénis , e Visitas: información/contacto

Categoría:Val de Aosta Categoría:Castelos de Italia