Darío Álvarez Basso, nado en Caracas o 12 de maio de 1966, é un pintor galego.

Traxectoria Fillo de Darío Álvarez Gándara, de novo foi vocalista do grupo de punk-rock Acorazado Potemkin, e publicou en fanzines e revistas de Vigo. En 1984 trasladouse a Madrid, e participou nos Talleres de Arte Actual do Círculo de Belas Artes de Madrid. En 1989 recibiu unha bolsa da Academia Española de Belas Artes e estivo un ano en Roma, e despois estivo cunha bolsa de La cité des Artistes do concello de París, onde xa residira. Tras outra estancia en Italia en 1992 recibiu a bolsa Fulbright de Comité Conxunto Hispano-Norteamericano, e botou dous anos en Nova York, tras o cal regresou a Madrid.

Nos anos oitenta a súa obra vinculouse á corrente pintura-pintura, con cadros de gran formato. Na década de 1990 proseguiu con temas recorrentes na súa obra, como a morte, a vida e a viaxe. A diferenza das xeracións anteriores á súa, non aspiraba á actualización das linguaxes plásticas coma pretendía o Grupo Atlántica, se non que quixo inscribirse en ambientes máis internacionais e rupturistas. É un pintor intuitivo e autodidacta.

Participou en exposicións individuais e colectivas, tanto en España como no estranxeiro.

Véxase tamén Bibliografía

Pintores e Escultores Galegos na EXPO 92. Xunta de Galicia.

Categoría:Pintores de Galicia Categoría:Nados en 1966 Categoría:Nados en Caracas Categoría:Galegos de Venezuela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes