José Novo Pardo, finado en Lugo o 8 de novembro de 1957, foi un militar, político e xornalista galego.

Traxectoria Comandante de Cabalaría, participou na guerra de Cuba. Comerciante en Vilalba, foi presidente do Círculo de Artesáns. Foi administrador e despois director de El Eco de Villalba (1909). Foi tamén director de A Xusticia (1917-1921) e Aurora. Durante a ditadura de Primo de Rivera foi alcalde de Vilalba. Despois foi xuíz municipal e axente comercial. Finou en Lugo o 8 de novembro de 1957.Necrolóxica en El Progreso, 9-11-1957, p. 5.

Vida persoal

Casou con Elena Uriarte Guerra e foi pai de Hortensia, Berta, José, Manuel, Amparo, Concepción e Elena Novo Uriarte. Foi tío de Lois e Antonio Peña Novo. Notas

Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Alcaldes de Vilalba Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Finados en 1957

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes