Kyle Forman Anderson, nado o 20 de setembro de 1993 en Nova York, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos Golden State Warriors da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria O 26 de xuño de 2014, Anderson foi seleccionado na 30ª posición do Draft da NBA de 2014 polos San Antonio Spurs. O 12 de xullo de 2014, asinou cos Spurs. Durante a súa tempada coma rookie, foi asignado en varias ocasións ós Austin Spurs da NBA Development League.
Tras a tempada 2017-18, Anderson converteuse en axente libre restrinxido. O 9 de xullo de 2018, Anderson asinou un contrato de catro anos e 37.2 millóns de dólares cos Memphis Grizzlies despois de que os Spurs rexeitaran igualar a oferta dos Grizzlies.
O 8 de xullo de 2022, Anderson asinou cos Minnesota Timberwolves.
O 6 de xullo de 2024, os Timberwolves traspasaron a Anderson ós Golden State Warriors no primeiro traspaso entre seis equipos da historia da NBA, no que tamén participaron os Philadelphia 76ers, os Dallas Mavericks, os Denver Nuggets e os Charlotte Hornets.
Estatísticas Tempada regular Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS 2014–15 San Antonio 33 10.8 .348 .273 .643 2.2 0.8 0.5 0.2 2.2 2015–16 San Antonio 78 16.0 .468 .324 .747 3.1 1.6 0.8 0.4 4.5 2016–17 San Antonio 72 14.2 .445 .375 .789 2.9 1.3 0.7 0.4 3.4 2017–18 San Antonio 74 26.7 .527 .333 .712 5.4 2.7 1.6 0.8 7.9 Total 257 17.9 .478 .338 .733 3.6 1.7 0.9 0.5 4.9
Playoffs Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS 2016 San Antonio 10 12.9 .320 .333 .857 2.4 0.7 0.6 0.3 2.3 2017 San Antonio 15 13.0 .571 .300 .727 3.1 1.7 0.7 0.1 5.5 2018 San Antonio 5 14.8 .600 .000 .750 2.6 0.6 1.2 0.2 5.4 Total 30 13.3 .514 .235 .773 2.8 1.2 0.7 0.2 4.4
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos San Antonio Spurs Categoría:Xogadores dos San Antonio Spurs Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves