O cólquico ou tollemerendasNomes galegos e definición en Diccionario Cumio da lingua galega, Vigo, Edicións do Cumio, 1999. (Colchicum autumnale) é unha planta con flor pertencente á familia das colchicáceas, bulbosa, con follas planas e lanceoladas, sépalos e pétalos de igual forma e froitos capsulares parecidos á noz. Emprégase en medicina.

Distribución e hábitat É nativa de Europa. Medra en pradeiras húmidas a grandes alturas.

Descrición É unha planta herbácea anual con cormo que acada de 10 a 30 cm de altura. As follas son lanceoladas de cor verde escura e miden 30 cm de lonxitude, rematan en punta e son envolventes no seu baseamento. A flor é de cor rosa lila e se asemella á do sasafrán, mais ten seis estames. O froito é unha agrupación de 1-3 cápsulas. Flores de Colchicum autumnale arrodeadas por outras plantas.|miniatura miniatura|Flores.

Propiedades Contén colchicina que é un violento tóxico celular. Tense usado para tratar afeccións do ril, hidropesía e a asma. Utilizada contra a artrite crónica e a gota pola súa actividade inhibidora da actividade dos neutrófilos. Un exceso no seu consumo produce diarreas e vómitos. Por ser un veleno cómpre non utilizarse sen consello médico.

Taxonomía Colchicum autumnale foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 341. 1753. Variedades Colchicum autumnale var. castrovillarense Terr. Colchicum autumnale var. elatius Simonk. Colchicum autumnale var. lucanum Terr. Colchicum autumnale forma macropetala Gajic Colchicum autumnale forma milosi Gajic Colchicum autumnale subsp. pannonicum (Griseb. & Schenk) Nyman Colchicum autumnale forma radei Gajic Colchicum autumnale var. transsilvanicum (Schur) Nyman Colchicum autumnale var. vernale (Hoffm.) Nyman Colchicum autumnale var. vernum Dumort.

Sinonimia: Bulbocodium antumnale (L.) Lapeyr. Colchicum bisignanii Ten. ex Baker Colchicum bulgaricum Velen. Colchicum commune Neck. Colchicum crociflorum Sims Colchicum orientale Friv. ex Kunth Colchicum pannonicum Griseb. & Schenk Colchicum polyanthon Ker Gawl. Colchicum praecox Spenn. Colchicum transsilvanicum Schur Colchicum turcicum subsp. pannonicum (Griseb. & Schenk) Nyman Colchicum vernale Hoffm. Colchicum vranjanum'' Adamovic ex Stef.Sinónimos en Govaerts, R. &Persson, K. (2011) World Checklist of Colchicaceae. Facilitated by the Royal Botanic Gardens, Kew. Published on the Internet; Retrieved 2011-11-26.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Colchicaceae Ligazóns externas Case report: fatal poisoning with Colchicum autumnale Homeopathic Materia Medica (Boericke) for Colchicum Autumnale

Categoría:Colchicum Categoría:Plantas medicinais Categoría:Plantas velenosas Categoría:Flora de Galicia Categoría:Flora de Europa Categoría:Taxons descritos por Linné