Eva García de la Torre, nada en Sevilla en 1962 e finada en Vigo o 27 de xaneiro de 2022,, foi unha avogada e política galega do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Exerceu como avogada no Porriño. Nas eleccións municipais de 2011 foi elixida concelleira do Porriño polo PSdeG-PSOE ó sela número 2 da candidatura encabezada por Iván Vaqueiro Grandín. Nas eleccións xerais de 2011 foi a número 4 do PSOE ao Congreso pola provincia de Pontevedra sen resultar electa. Nas municipais de 2015 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE e foi elixida alcaldesa co apoio de UDDL, BNG e EU-Son, gobernando en coalición con UDDL ata a súa expulsión en febreiro de 2019. Os comicios de 2019 viron unha repetición dos resultados, cunha vitoria do Partido Popular insuficiente e un acordo de goberno de todos os demais partidos para formaren goberno, polo que Eva García seguiu a ser a alcaldesa, nesta ocasión formando goberno co BNG.
Porén, a finais de 2021 a situación política do concello do Porriño estaba moi deteriorada. A perda de confianza dos seus socios de investidura de EU-Son e os ruxerruxes dunha moción de censura de esquerdistas e conservadores levaron a García de la Torre a presentar a súa dimisión no mes de novembro. Finou dun infarto dous meses despois.
Vida persoal Unha das razóns que sinalou como causantes do seu constante sinalamento como alcaldesa foi a súa orientación sexual.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais no Porriño
Categoría:Alcaldes do Porriño Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Sevilla Categoría:Nados en 1962 Categoría:Finados en 2022