Raül Romeva i Rueda, nado en Madrid o 12 de marzo de 1971Raül Romeva i Rueda na páxina web do Parlamento Europeo é un analista e político catalán, conselleiro de Asuntos e Relacións Institucionais e Exteriors e Transparencia da Generalitat de Cataluña (2016-2017). Foi destituído o 28 de outubro de 2017, polo Goberno de España en aplicación do artigo 155 da Constitución española de 1978.
Foi deputado no Parlamento de Cataluña dende 2015, onde se presentou como cabeza de lista pola circunscrición de Barcelona da candidatura independentista Junts pel Sí. Foi deputado no Parlamento Europeo (2004-2014) por Iniciativa per Catalunya Verds, adscrito no Grupo Parlamentario Os Verdes/Alianza Libre Europea.
O 14 de outubro de 2019, o Tribunal Supremo de España emitiu a sentenza do seu xuízo, que o condenou a 12 anos de prisión e inhabilitación polos delitos de sedición e malversación.
Obra 1997 — Pau i seguretat a Europa: prevenció de conflictes armats a l'Europa de la postguerra freda (CUNESCO, 1997) 1999 — Bòsnia-Hercegovina: lliçons d'una guerra (UNESCO, 1998) ISBN 978-84-89622-60-9 2000 — Desarme y desarrollo: claves para armar conciencias (Intermón Oxfam, 2000) ISBN 978-84-89970-72-4 2003 — Bosnia en paz: lecciones, retos y oportunidades de una posguerra contemporánea (Catarata, 2003) ISBN: 84-8319-158-X 2003 — Guerra, posguerra y paz: pautas para el análisis y la intervención en contextos posbélicos o postacuerdo (Icaria, 2003) ISBN 978-84-7426-652-8 2012 — Sayonara Sushi (Novela / Plaza & Janés / Rosa dels Vents 2012) ISBN 978-84-01-38800-2
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web persoal Blog de Raül Romeva
Categoría:Europarlamentarios de Cataluña Categoría:Escritores en lingua catalá Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1971 Categoría:Políticos de ICV Categoría:Conselleiros da Generalitat de Cataluña Categoría:Alumnos da Universidade Autónoma de Barcelona Categoría:Profesores da Universidade Autónoma de Barcelona Categoría:Europarlamentarios de España (2004-2009) Categoría:Europarlamentarios de España (2009-2014)