San Salvador de Maceira é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Covelo na comarca da Paradanta. Segundo o INE, en 2025 tiña 285 habitantes (142 homes e 143 mulleres), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación a 2011, cando tiña 414 habitantes. En 1999 tiña 570 habitantes.
Historia Os primeiros poboadores de Maceira pertencen á Prehistoria, así o documentan os castros celtas (hoxe catalogados, mais moi deteriorados), petróglifos, dolmens, etc.
Información A parroquia atópase a 5 quilómetros da capital do concello. A 558 metros de altitude áchase un xacemento castrexo sen levantar e diversas manifestacións de arte rupestre en forma de petróglifos. A 680 metros atópase a capela da Virxe da Guía, situada no monte da Guía de Maceira e onde se pode apreciar unha panorámica do val do Tea.
É salientábel a praia fluvial de Maceira cunha ocupación moi alta durante todo o verán. Preto áchase un cámping de montaña. Sobresae tamén o serradoiro hidráulico dos Carranos que funciona exclusivamente por forza da auga e é unha manifestación única do patrimonio etnográfico da zona. Este serradoiro está catalogado como un Ben de Interese Cultural de Galicia e atópase completamente restaurado para poder ser visitado.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Maceira
Parroquias de Covelo
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Covelo
Categoría:Parroquias de Covelo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Salvador