miniatura|300px|Asinantes do acordo, Unión Europea (en verde) e Estados Unidos (en laranxa). TTIP son as siglas en inglés de Transatlantic Trade and Investment Partnership (Acordo Transatlántico para o Comercio e o Investimento). Os negociadores deste acordo político de comercio e investimento entre os Estados Unidos e a Unión Europea buscan con esta proposta mellorar as relacións económicas mutuas. Os Estados Unidos e a Unión Europea supoñen o 60% do PIB do mundo cunha poboación de 800 millóns de persoas, sería a maior zona de libre mercado do mundo. O acordo está a ser negociado de xeito secreto e nas altas instancias, á marxe da opinión pública. Non se coñece o texto íntegro e só se fala de filtracións e propostas.
En 2014 o xornal alemán Die Zeit filtrou un borrador do proxecto polo que a UE puxo en funcionamento medidas para garantir a confidencialidade do mesmo. Dende entón só persoas moi achegadas foron autorizadas á consulta de textos moi concretos e sempre comprometéndose a manter a confidencialidade do alí exposto por escritoLa sala secreta del TTIP: custodiado en una caja fuerte y de consulta restringida. avoz.com. O acordo inclúe a prohibición dos estados a poñer limitacións legais aos investimentos así como compensar ás empresas que fagan investimentos ou que non os poidan facer por modificacións legais. O acordo garante tamén o libre movemento de capitais e limita o de traballadores pero garante que os xestores das empresas poidan moverse libremente polos distintos países.
A sinatura do acordo suporía7 preguntas sobre el TTIP cuya respuesta deberías conocer eldiario.es: Maior dependencia do petróleo ao permitir a utilización de carburantes máis contaminantes. Non marcado dos produtos modificados xeneticamente e prohibición da súa limitación. Eliminación de regras sobre os mercados financeiros e movementos de capitais, agora máis esixentes nos Estados Unidos. Eliminación das avaliacións independentes dos medicamentos non producidos nos Estados Unidos, libre comercialización. Eliminación das regras de preferencia nacional nos contratos públicos e sectores estratéxicos.
Notas
Categoría:Tratados internacionais