Pseudopleuronectes americcanus é un peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos pleuronectinos,Pseudopleuronectes americanus (Walbaum, 1792) no WoRMS. unha das cinco que integran o xénero Pseudopleuronectes,Pseudopleuronectes Bleeker, 1862 no WoRMS. coñecida en galego como solla vermella.Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 82.
É un peixe mariño, demersal, oceanódromo, de certa importancia comercial, que habita en augas temperadas do Atlántico noroeste, desde as costas do Labrador (Canadá) até as de Xeorxia (Estados Unidos de América).Pseudopleuronectes americanus (Walbaum, 1792) na FishBase. Pode alcanzar até os 64 cm de lonxitude, e até os 3,6 kg de peso,Robins, C. R. & G. C. Ray (1986): A field guide to Atlantic coast fishes of North America. Boston (USA): Houghton Mifflin Company. e chegar a vivir 15 anos.Lux, F. E. (1973): "Age and growth of the winter flounder, Pseudopleuronectes americanus, on Georges Bank". Fish. Bull. 71: 505-512.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1492 polo naturalista e taxonomista alemán Johann Julius Walbaum, baixo o nome de Pleuronectes americanus.
Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, e polo orixinario que lle deu Walbaum, a especie coñécese tamén polos seguintes sinónimos: Platessa pusilla DeKay, 1842 Pleuronectes planus Mitchill, 1814 Pseudopleuronectes dignabilis Kendall, 1912
Etimoloxía
O nome do xénero no que actualmente se sitúa esta especie, Pseudopleuronectes, está construído coa forma prefixa do latín científico pseudo-, tirada da do grego antigo ψεῦδο- pseũdo-,pseudo- no DRAE. derivada de ψευδής, pseudḗs, "falso", e o nome do xénero Pleuronectes. Literalmente: "as falsas sollas", ou "os parecidos ás sollas".
En canto ao nome específico, americanus, fai referencia á súa área de dispersión.
Bioloxía É un peixe mariño, demersal, oceanódromo,Riede, K. (2004): Global register of migratory species - from global to regional scales. Final Report of the R&D-Projekt 808 05 081. Federal Agency for Nature Conservation, Bonn, Germany. que vive en fondos brandos ou moderadamente pedregosos de entre 5 e 143 m de profundidade,Scott, W. B. & M. G. Scott (1988): "Atlantic fishes of Canada". Can. Bull. Fish. Aquat. Sci. 219: 731. en augas temperadas do litoral do Atlántico norteamericano, entre os 31° N e os 55° N, desde a península do Labrador (Canadá) até as costas de Xeorxia (Estados Unidos de América).
Aliméntase, predominantemente durante o día, de organismos bentónicos, como crustáceos (camaróns, cangrexos, anfípodos), ourizos de mar e caracois.
Pesca Pseudopleuronectes americanus captúrase na zona de pesca 21 (Atlántico noroeste).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, Missouri, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2. Cooper, J. A. & F. Chapleau (1998): "Monophyly and intrarelationships of the family Pleuronectidae (Pleuronectiformes), with a revised classification". Fish. Bull. 96 (4): 686-726. Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7. Murdy, E. O.; R. S. Birdsong & J. A. Musick (1997): Fishes of Chesapeake Bay. Washington e Londres: Smithsonian Institution Press.
Outros artigos Pleuronectiformes Pleuronéctidos Pseudopleuronectes
Ligazóns externas Pseudopleuronectes americanus no NCBI.
Categoría:Pleuronectiformes Categoría:Animais descritos en 1792 Categoría:Produtos da pesca