Monochirus hispidus Rafinesque, 1814 é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos soleidos,Monochirus hispidus Rafinesque, 1814 no WoRMS. unha das dúas que integran o xénero Monochirus,Monochirus Rafinesque, 1814 no WoRMS. que vive no Atlántico oriental e no mar Mediterráneo, e que se coñece en galego como soldado.Lahuerta e Vázqurz (2000), p. 85.
Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos, as dúas especies teñen o corpo aplanado, asimétrico, e os dous ollos situados no mesmo lado, na cara pigmentada.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1814 polo naturalista estadounidense de orixe franco-xermana-italiana Constantine Samuel Rafinesque.
Sinónimos Ademais de por este nome, que é o que lle asignou orixinalmente Rafinesque, e actualmente válido, coñeceuse tamén poloa sinónimos: Monochirus pegusa Risso, 1827 Pleuronectes trichodactylus Nardo, 1824 Solea monochir Bonaparte, 1833
Etimoloxía
O nome xenérico, Monochirus, está formado pola raíz do latín científico mono-, tirada da do grego antigo μονο-, drerivada de μόνοσ mónos, "un", "unha", e da forma -chirus, tirada do termo grego antigo χείρ χειρός cheír, cheirós, "man".A adaptación latina é -chirus. Literalmente: "unha soa man" (neste caso, aleta).
E o nome específico, hispidus, é a forma masculinba do adxectivo latino hispidus, -a, -um, "ourizado", "encrespado".
Características É un pequeno linguado que pode alcanzar os 20 cm de lonxitude,Quéro, J.-C.; M. Desoutter & F. Lagardère (1986): "Soleidae", pp. 1308-1324, en P. J. P. Whitehead, M.-L. Bauchot, J.-C. Hureau, J. Nielsen & E. Tortonese, eds. Fishes of the North-eastern Atlantic and the Mediterranean. UNESCO, Paris. Vol. 3. aínda que o tamaño medio dos espécimes capturados rolda os 12 cm.Bauchot, M.-L. (1987): "Poissons osseux", pp. 891-1421, en W. Fischer, M. L. Bauchot & M. Schneider, eds. Fiches FAO d'identification pour les besoins de la pêche. (rev. 1). Méditerranée et mer Noire. Zone de pêche 37. Vol. II. Commission des Communautés Européennes and FAO, Rome. A coloración do lado ocular ou pigmentado vai da agrisada á para avermerllada. A aleta dorsal está sustentada por de 50 a 58 raios, e a anal, por de 40 a 45. A aleta dorsal ten a súa orixe diante do ollo superior. A aleta pectoral do lado pigmentado presenta 5 ou 6 raios. No lado cego está ausente (ao que alude o seu nome xenérico).Monochirus hispidus Rafinesque, 1814 na FishBase.
Hábitat e distribución É un peixe mariño, demersal, oceanódromo, que vive en fondos de 10 a 250 m, areosos ou lamacentos,Schneider, W. (1990): FAO species identification sheets for fishery purposes. Field guide to the commercial marine resources of the Gulf of Guinea. Prepared and published with the support of the FAO Regional Office for Africa. Roma: FAO. con frecuencia cerca de lugares onde medran plantas,Göthel, H. (1992): Fauna marina del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega, S.A. en augas subtropicais do océano Atlántico (incluído o Mediterráneo), entre os 44° N e os 4° N, e os 19° W e os 36° E, desde Portugal até Ghana.
Pesca Monochirus hispidus é obxecto de pesca nas áreas 27, 34 e 37 (nordeste do Atlántico, Atlántico centro-leste e Mediterráneo e mar Negro, respectivamente).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Desoutter, M. (1990): "Soleidae", pp. 1037-1049, en: J. C. Quéro, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post & L. Saldanha, eds. Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). Lisboa: JNICT; París: SEI e UNESCO. Vol. 2. Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. 4ª ed. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-9. van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds.: European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50': 357-374. París: Muséum national d'Histoire naturelle. ISBN 2-85653-538-0.
Outros artigos Pleuronectiformes Pleuronectoideos Soleidos Monochirus''
Ligazóns externas
Monochirus hispidus na EOL.
Categoría:Pleuronectiformes Categoría:Animais descritos en 1814