Borgoña-Franco Condado (en ) é unha das 18 rexións administrativas de Francia. A súa conformación actual é debedora da reforma territorial de 2014, mediante a cal se fusionaron as rexións de Borgoña e do Franco Condado, as súas predecesoras. A nova entidade rexional configurouse oficialmente o 1 de xaneiro de 2016, tralas eleccións rexionais de decembro de 2015.

A rexión ten unha superficie de 47 784 km2 e arredor de 2 820 940 habitantes (segundo datos de 2015). A cidade máis poboada e capital da rexión é Dijon. Está formada por 8 departamentos: Côte-d'Or, Doubs, Haute-Saône, Jura, Nièvre, Saône-et-Loire, Territoire de Belfort e Yonne.

Demografía

Notas