O All-Ireland Senior Football Championship (en ) é a principal competición de fútbol gaélico no mundo. Este campionato é unha serie anual de partidos xogados en Irlanda durante o verán e o comezo do outono organizado pola Asociación Atlética Gaélica (GAA). O trofeo lévase xogando dende o ano 1887 coa excepción do ano 1888 no que non se disputou.

Historia O primeiro campionato celebrouse con clubs que representaron a condados. A primeira final xogárona con equipos de 21 xogadores, os Comerciais de Limerick e os Xoves Irlandeses de Louth. O partido disputouse en Beech Hill, Clonskeagh o 29 de abril de 1888. A vitoria foi para os de Limerick que gañaron 1-4 a 0-3. A diferenza de competicións posteriores do All-Ireland, daquela non habían campionatos provinciais e a competición era máis aberta.

En 1892, os equipos entre condados foron introducidos na competición. O congreso garantiu o permiso para que o equipo gañador utilizase xogadores doutros clubs da provincia. As regras do fútbol gaélico e do hurling tamén foron cambiadas: os goles tomaron un valor de cinco puntos e os conxuntos pasaron de ter 21 xogadores a 17. En 1903, o campionato foi por primeira vez para Kerry, quen máis tarde se fixo o rei de títulos.

A primeira metade do século XX, trouxo xunto a el varios equipos que lograron conseguir 2 ou 3 títulos nesa época pero que máis tarde non lograron ningún título como: Kildare, Maio, Cavan, Wexford ou Roscommon. Dende o quinto título conseguido por Cavan en 1952, este club e máis Wexford non volveron disputar outra final do All-Ireland. Maio apareceu en 7 final dende 1989 pero non venceu en ningunha. Nos anos 1990, tivo lugar un significativo cambio, xa que un equipo do Ulster venceu durante catro anos consecutivos (1991-94). Dende entón Ulster é a provincia que conseguiu máis campionatos. Estas eliminatorias introducíronse no ano 2001. Nese ano, grazas ao novo sistema de porta atrás, Galway converteuse no primeiro equipo en gañar o All-Ireland sen ser campión no seu respectivo Campionato Provincial. Na tempada 2013, introduciuse o "ollo de Falcón" nos partidos disputados en Croke Park durante o campionato. Tamén no ano 2013, disputouse o primeiro partido de fútbol gaélico un venres pola noite. Este foi un partido de primeira rolda das eliminatorias entre Laois e Carlow.

Formato Normalmente, a final xógase o segundo domingo de setembro no templo dos deportes gaélicos, Croke Park, que serve como culminación dunha serie de partidos xogados durante os meses de verán. O gañador da final lévase a Sam Maguire Cup. Nos seus comezos, o campionato foi unha competición de eliminación directa na que só xogaban os campións de cada provincia irlandesa. Durante os anos 1990, a competición ampliouse, incorporando en primeiro lugar un "sistema de porta atrás" e despois unha fase de grupos de todos contra todos. Actualmente o All-Ireland consta de varias etapas.

Formato actual No actual formato, o trofeo empeza a finais de maio cos campionatos provinciais de Connacht (incluídos Londres e Nova York), Leinster, Ulster e Munster. O único condado que non participa no campionato é o de Kilkenny. Os campionatos provinciais dispútanse co sistema de eliminación durante os meses de maio, xuño e xullo. O gañador de cada un dos catro campionatos provinciais logra unha praza nas series do All-Ireland que desenvolven entre agosto e setembro.

Cada eliminatoria dispútase a un só partido. Se ese partido finaliza cun resultado de empate, dispútase outro partido de repetición. Se ese partido de repetición remata empatado xógase un tempo extra. Se ambos conxuntos empatan de novo ao final dese tempo extra, días máis tarde xógase outra repetición.

Os vinte e nove equipos que non lograron gañar no seu respectivo Campionato Provincial teñen outra oportunidade de meterse nas Series do All-Ireland xogando nas "Eliminatorias". Estas eliminatorias teñen lugar nos meses de xuño e xullo.

Eliminatorias Rolda 1: Todos os equipos que non conseguen chegar ás semifinais do seu campionato provincial (16 equipos en total) compiten na primeira rolda. Un sistema emprégase para dividir aos equipos en oito encontros individuais. Os oito conxuntos que saen gañadores pasan á seguinte fase, á rolda 2, mentres que os oito que saen derrotados quedan eliminados. Rolda 2: Os oito equipos gañadores da rolda 1, xogan contra os oito perdedores das semifinais de cada campionato provincial. Os oito clubs gañadores avanzan á terceira rolda e oito perdedores quedan eliminados. Rolda 3: Os oito equipos que avanzaron da segunda fase divídense en catro encontros individuais. Os enfrontamentos decídense mediante un sorteo. Os catro gañadores avanzan á seguinte rolda e os catro perdedores caen eliminados. Rolda 4: Os catro conxuntos que pasaron da rolda 3 xogan contra os perdedores das finais dos catro campionatos provinciais. Os catro equipos vencedores pasan aos cuartos de final das series do All-Ireland nas que se enfrontan aos vencedores dos campionatos provinciais. Os equipos derrotados caen eliminados. As Series do All-Ireland: Todos os partidos destas series dispútanse en Croke Park, incluída a final. Cuartos de final: O gañador de cada Campionato Provincial enfróntase contra un dos gañadores da Rolda 4. Os 4 gañadores dos cuartos de final pasan ás semifinais do campionato. Semifinais: Os conxuntos que avanzaron dos cuartos enfróntanse entre si nas semifinais. Os dous gañadores xogan a final. Final: Estes dous equipos xogan o terceiro domingo de setembro. O equipo que gaña o partido é coroado como campión do All-Ireland Senior Football Championship coa Sam Maguire Cup.

Palmarés