Stavros Theodorakis (en grego:Σταύρος Θεοδωράκης), nado en Drapanias en 1963, é un xornalista e político, deputado e líder do partido To Potami.
Traxectoria
Natural da illa de Creta, non obstante criouse en Agia Varvara, un arrabalde de Atenas. Comezou a súa carreira xornalística en 1984, traballou nas estacións de radio 902 FM e Skai 100.3, así como no xornal Eleftherotypia. Entre 1985 e 1987 estivo comprometido na educación da poboación romaní. Tamén escribiu tres libros.
En 2000 comezou a presentar o programa Πρωταγωνιστές (Protagonistas) na canle pública de TV, NET e en 2006 pasou á estación privada Mega TV. Os sábados mantiña unha columna no xornal Ta Nea.
O 26 de febreiro de 2014, anunciou a súa decisión para deixar tanto o espectáculo de televisión como a súa columna para lanzar un novo partido, aseverando que a supervivencia dun país non pode depender da bondade dos seus acredores."
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil do autor en Protagon.gr Mandatos de ''Stavros Theodorakis' no Parlamento Helénico
Categoría:Nados en 1963 Categoría:Deputados de Grecia Categoría:Xornalistas de Grecia Categoría:Nados na periferia de Creta