Os Leones de Santo Domingo son un equipo profesional de baloncesto dominicano con sede na cidade de Santo Domingo. O club é tamén coñecido de xeito habitual como Leones Basketball. Fundado en 2001, convertéronse en 2011 en campións da Liga Nacional de Baloncesto, máxima competición do baloncesto da República Dominicana.

Historia O equipo comezou a súa participación na liga Dominicana de Baloncesto (Lidoba) (actual Liga Nacional de Baloncesto da República Dominicana) en 2005, no que supoñía a primeira temporada da competición. En 2009, a liga anunciou que a tempada de 2009 non se ía a disputar debido a problemas económicos da liga e as franquías da mesma. Posteriormente, a liga refundouse como a Liga Nacional de Baloncesto (LNB polas súas siglas). Despois do renacemento da liga, o equipo cambiou de propietarios sendo estes os mesmos propietarios do club de béisbol dos Leones del Escogido. En 2011 gañaron o seu primeiro título de liga.

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial do Leones

Categoría:Equipos de baloncesto da República Dominicana