O río Albariña é un río de Galicia, afluente pola marxe esquerda do río Barcala.

Curso Nace na Boca da Braña no monte Silvariño, preto das aldeas de Faxín, Suevos e A Choupana, e discorre principalmente polo concello da Baña para finalmente desembocar no río Barcala en Negreira.

Afluentes Afluentes do Río Albariña por orde, dende o nacemento ata a desembocadura: Rego de Gatón (desemboca fronte a Paredes pola marxe dereita). Rego de Faílde (desemboca en San Vicenzo pola marxe esquerda). Rego das Agrotas (desemboca en Señor pola marxe dereita). Rego de Nantón (desemboca en Nantón pola marxe esquerda). Rego do Pe do Muíño (desemboca preto de Nantón pola marxe esquerda). Rego da Pedra Alba (desemboca preto de Nantón pola marxe dereita).

Galería de imaxes

Notas

Albariña, Río Categoría:Negreira Categoría:A Baña