miniatura|250x250px|Filandón, cadro de 1872 obra de Luís Álvarez Catalá.. miniatura|Muller galega do século XVI ataviada para acudir á fiada. Ilustración da obra "Trachtenbuch" de Christoph Weiditz O fiandón, fía, fiada ou fiadeiro, é unha reunión veciñal para fiar a la ou o liño, ao remate da mesma era habitual a realización dunha festa con canto e baile.
Características As fiadas realizábanse á noitiña durante o período invernal, cando eran menos as horas para o traballo nos campos. Nelas contábanse contos, cantábase e realizábanse certos xogos populares ao tempo que se traballaba. As reunións adoitábanse facer ao redor do lar, cos participantes sentados en escanos ou bancadas. Ao remate era habitual a celebración dunha celebración con música e baile. Estas festas populares eran comúns en toda Galiza, recibindo diferentes denominacións dependendo das zonas xeográficas: seráns, foliadas, polavilas, etc.
O fiandón séguese a practicar nalgúns puntos do occidente de León e Asturias e nas montañas orientais galegas. Desde o ano 2011 lévase a cabo anualmente en Merlán (A Ulloa) un fiandón popular. Tamén no concello de Lalín ten lugar unha fía tradicional na que se mostra o proceso de preparación do liño.Hilado y tejido del lino en el Museo Casa do Patrón Notas
Véxase tamén Outros artigos Antonio Fernández Morales
Ligazóns externas "O fiandón", documental
Categoría:Etnografía galega