OFO (acrónimo de Orbiting Frog Otolith) foi un experimento espacial levado a cabo con ras a bordo dunha cápsula da NASA lanzada o 9 de novembro de 1970 mediante un foguete Scout B desde Wallops Island.
Características A misión de OFO foi estudar a resposta dos otólitos en períodos prolongados de ingravidez. Para iso usáronse dúas ras da especie Rana Calestiana en cuxos nervios vestibulares se implantaron microelectrodos. As ras viaxaron a bordo dunha cápsula que entrou en órbita. Durante o voo rexistrouse a actividade vestibular, tanto durante os momentos de ingravidez como en momentos de gravidade artificial producida polo xiro da centrífuga que acollía ás ras dentro da cápsula.
Os datos foron transmitidos a terra mediante telemetría. As ras viaxaron nun contedor especial cheo de auga e xunto coa electrónica e os sistemas necesarios para mantelas con vida durante o voo. Ao final do experimento a cápsula reentrou, destruíndose durante o descenso ao non terse previsto a recuperación da mesma.
O experimento foi pensado inicialmente para ser usado como parte do Programa de Aplicacións Apolo, unha extensión científica e tecnolóxica do programa Apolo, pero ao cancelarse foi preparado para voar como experimento independente.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Satélites artificiais