Florida do Nordés300px Localización no estado de FloridaCondadosBakerClayDuvalNassauSt. JohnsFlaglerPutnamMaiores cidadesJacksonvilleFernandina BeachYuleeSt. AugustinePalatkaPalm CoastJacksonville Beach Northeast Florida é unha rexión direccional dos Estados Unidos en Florida, situada na costa atlántica de Florida do Norte. Florida do Nordés comprende aos cinco condados que rodean a cidade de Jacksonville: Duval, Baker, Clay, Nassau e Saint Johns (coincidente en gran parte coa Área Metropolitana de Jacksonville) e máis os condados de Putnam e Flagler. Florida do Nordés esténdese pola mesma área que a rexión vernácula de First Coast, aínda que esta non inclúe os condados de Putnam e Flagler.
Historia Historicamente tense a esta área como a primeira zona de Florida colonizada por europeos, feito do que se deriva a expresión e denominación First Coast. Juan Ponce de León debeu chegar a esta rexión durante a súa primeira expedición en 1513 e a primeira colonia francesa de Forte Caroline fundouse en 1563 no que hoxe por hoxe é Jacksonville. Ademais, dentro de Florida do Nordés inclúese Saint Augustine, a poboación máis antiga dos Estados Unidos no continente en manterse habitada de xeito continuo desde a súa fundación en 1565.
A rexión direccional de Northeast Florida refírese en gran parte á mesma área que First Coast. No estudo de 2007 de Lamme e Oldakowski subliñouse que Northeast Florida xurdiu como unha das seis rexións direccionais comúns, xunto a Florida do Norte, Florida Central, Florida do Sur, Florida do Norte Central e Florida do Suroeste. As fontes suxiren que o termo foi empregado en principio polas partes máis ao nordés do estado, é dicir, os condados de Nassau e Duval.
Non obstante, a axencia de desenvolvemento económico do estado, chamada Enterprise Florida, identifica Northeast Florida como unha das oito rexións económicas usadas pola axencia e outras entidades estatais e extra-estatais. Esta denominación inclúe aos cinco condados da área metropolitana de Jacksonville (Duval, Baker, Clay, Nassau e Saint Johns), así como aos condados de Putnam e Flagler, que están máis ao sur. Outras organizacións como o Departamento de Transportes de Florida, a JaxUSA Partnership (o departamento de desenvolvemento rexional de negocios da Cámara de Comercio de Jacksonville) e o Consello Rexional de Florida do Nordés tamén empregan esta denominación . De xeito similar, en xuño de 2013 o Estado creou a Comisión de Transporte Rexional de Florida do Nordés, que engloba a todos eses condados.
En principio, o nome First Coast emprégase para usos turísticos e de promoción cultural (aínda que moitos floridanos tamén comezan a empregalo como unha denominación de orixe persoal), mentres que o nome Northeast Florida obedece a un criterio máis administrativo. Ademais, os condados de Flagler e Putnam quedan fóra do perímetro de First Coast, o que distingue os devanditos termos xeográficos un doutro. Non obstante, en 2013 o xornal The Florida Times-Union informou que First Coast ás veces se estende tan ao sur como Flager Beach, no Condado de Flagler e que, na mesma área, o condado de Saint John comezara a empregar para si mesmo o nome Historic Coast.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Rexións de Florida Categoría:Florida do Norte