2016 foi un ano común do calendario gregoriano, que comezou en venres. Foi declarado Ano Valle-Inclán en conmemoración do 150 aniversario do seu nacemento. O Día das Letras Galegas estivo adicado a Manuel María.
Acontecementos A Asemblea Xeral da ONU proclamou o ano 2016 como Ano Internacional dos Legumes (resolución A/RES/68/231). Posteriormente, en 2019, declarou o 10 de febreiro como o Día Mundial dos Legumes (resolución A/RES/73/251). O obxectivo destas celebracións foi concienciar a opinión pública sobre os beneficios nutricionais do consumo de legumes, "un elemento fundamental da cesta dos alimentos", o seu papel na prevención da obesidade e de certas enfermidades e do papel beneficioso no medio ambiente ó mellorar a fertilidade do chan "Año Internacional de las Legumbres", en La Voz de Galicia, supl. La Voz de la Escuela, 13.01.2016..
Xaneiro 2 de xaneiro: Arabia Saudita executa corenta e sete persoas por terrorismo. 3 de xaneiro: Arabia Saudita rompe relacións diplomáticas con Irán a raíz das fortes protestas provocadas pola ejecución de Nimr Baqr al-Nimr. 4 de xaneiro: na India e Bangladés, rexístrase un terremoto de magnitude 6,9 na escala de Richter que deixa 10 mortos e 160 feridos. 5 de xaneiro: Na Asemblea Nacional de Venezuela asumen como deputados os 167 candidatos electos nas eleccións do 6 de decembro, dando inicio ao IV período lexislativo dese órgano. 6 de xaneiro: Corea do Norte detona a súa primeira arma nuclear de hidróxeno, despois de que Corea do Sur detectara un sismo dunha intensidade entre 4,5 e 5,1. 8 de xaneiro: na cidade de Los Mochis (México), o narcotraficante Joaquín Guzmán Loera «El Chapo Guzmán» é capturado por terceira vez nun operativo da mariña mexicana despois da fuga do 11 de xullo de 2015. 9 de xaneiro: en Barcelona (España), Artur Mas dimite e é substituído por Carles Puigdemont como candidato de Junts pel Sí á presidencia da Generalitat de Cataluña. 11 de xaneiro: en Zürich (Suíza), o futbolista Lionel Messi gaña o seu quinto premio Balón de Ouro como «mellor xogador do ano 2015», tras derrotar nas votacións a Cristiano Ronaldo e ó seu compañeiro de equipo Neymar. 13 de xaneiro: Quedan constituídas as novas Cortes Xerais de España e arranca a XI lexislatura trala celebración de Eleccións Xerais o 20 de decembro. 14 de xaneiro: Rexístranse en Yakarta, capital de Indonesia, 5 explosións nun centro comercial e varios tiroteos, que deixan un saldo de 5 mortos e 19 feridos. O Estado Islámico adxudicouse os atentados. Jimmy Morales asume como presidente de Guatemala. 15 de xaneiro: un atentado terrorista nun hotel en Uagadugú (Burkina Faso) deixa polo menos 29 persoas mortas e 30 feridos. Os grupos terroristas Al Qaeda del Magreb Islámico e Al Murabitun reivindican a súa autoría do atentado. 16 de xaneiro Na cidade de Rosario (Arxentina) remata o Rally Dakar. Estados Unidos e a Unión Europea anuncian que levantan as sancións a Irán por cumprir o acordo nuclear. Tricentenario da promulgación dos Decretos de Nueva Planta en Cataluña. 28 de xaneiro: A OMS anuncia un gromo do virus de Zika.
Febreiro miniatura|Onda gravitacional. 1 de febreiro: a Organización Mundial da Saúde (OMS) declara emerxencia internacional pola propagación do virus do Zika. 2 de febreiro Na Igrexa católica: Clausurarase o Ano da vida consagrada. 6 de febreiro: en Taiwán, un terremoto de 6,4 graos da Escala de Mercalli deixou máis de 500 feridos, 116 mortos e un desaparecido. 7 de febreiro: Corea do Norte lanza o seu segundo satélite ó espazo. 11 de febreiro: na cidade mexicana de Monterrei, prodúcese un enfrontamento entre dous grupos de reos no penal do Topo Chico, que deixou 52 mortos. A Asemblea Nacional de Venezuela declara a 'crise humanitaria' pola agudizada situación de escaseza de alimentos no país. Científicos anuncian a primeira detección de ondas gravitacionais predito pola teoría da relatividade xeral de Albert Einstein. Estados Unidos legaliza a circulación de coches autónomos en todo o seu territorio. 12 de febreiro: O papa Francisco e o patriarca ortodoxo Cirilo I reúnense no Aeroporto Internacional José Martí, da capital de Cuba, despois de 962 anos do Cisma de Oriente. Máis tarde o papa realizou unha visita oficial a México durante 5 días. 15 de febreiro: realízanse ataques aéreos sobre dous hospitais da cidade de Azaz, en Siria, houbo polo menos 22 mortos, 8 desaparecidos e decenas de feridos. Mentres que unha misión médica apoiada por Médicos sen Fronteiras, na cidade de Idlib, sufriu un bombardeo que provocou a morte de 7 traballadores e a desaparición de 8. Jocelerme Privert asume de forma interina a presidencia de Haití para convocar novamente á segunda volta das eleccións presidenciais, que se celebraron no mes de novembro. 16 de febreiro: Venezuela aproba o proxecto de lei de amnistía e reconciliación, que contempla unha amnistía para moitos políticos encarcerados dende 1999, cando o expresidente Hugo Chávez tomou posesión da presidencia. A oposición parlamentaria argumentou que os xuízos non se realizaron de forma imparcial. O actual xefe de Estado, Nicolás Maduro, dixo non estar disposto a promulgar a lei. miniatura|291px|Lugar do ataque terrorista en Ankara. 17 de febreiro: un ataque terrorista contra o Exército de Turquía deixa 28 mortos e 16 feridos na capital, Ankara. Os Falcóns da Liberdade do Kurdistán, grupo terrorista kurdo escisionado do PKK, reivindicaron o atentado. 20 de febreiro Conclúe a visita do papa Francisco en México. 21 de febreiro: o ciclón Winston golpea as illas Fiyi. 22 de febreiro: o Estado Islámico lanza atentados terroristas na cidade siria de Homs e na capital Damasco, que deixan a 184 persoas mortas. 26 de febreiro: o suízo Gianni Infantino é electo novo presidente da FIFA. 27 de febreiro: comeza o alto o fogo en Siria, sumida na Guerra Civil, acordado polos Estados Unidos e Rusia, xunto coas partes do conflito que cada un apoia. E excluíndo a organizacións terroristas como o Estado Islámico ou Jabhat al-Nusra (asociada a Al Qaeda). 29 de febreiro: a Arxentina e varios fondos de investimento acredores, coñecidos como «fondos voitre», asinaron un principio de acordo para a resolución da disputa xudicial comezada en 2001, cando o país entrou en cesamento de pagos ou default, produto da grave crise económica de entón. O acordo tamén permitirá a Arxentina regresar ós mercados internacionais.
Marzo 14 de marzo: a Axencia Espacial Europea e a Axencia Espacial Federal Rusa planean lanzar a articulación ExoMars Trace Gas Orbiter nunha misión a Marte. 19 de marzo: un avión que realizaba un voo regular internacional entre o Aeroporto Internacional de Dubai e o Aeroporto de Rostov esnafrouse nos arredores de Rostov do Don, en Rusia, na súa segunda tentativa de aterraxe e non houbo superviventes (62 mortos). 20 de marzo: en Tarragona, un accidente de autobús, no que viaxaban rapazas do Programa Erasmus, causa a morte de máis dunha ducia delas. 21 de marzo: un atentado terrorista con explosivos no aeroporto e no metro de Bruxelas causa máis de 30 mortos.
Abril 3 de abril: máis dun cento de persoas morreron nun incendio durante un espectáculo de fogos de artificio nun templo no estado de Kerala, no sur da India.
Maio 9 de maio: Tránsito de Mercurio. 14 de maio: Final do festival de Eurovisión 2016 en Estocolmo. Gañou Jamala, de Ucraína, co tema "1944". 19 de maio: un avión de pasaxeiros con orixe no Aeroporto de París-Charles de Gaulle e destino ao Cairo cae ao Mediterráneo con 66 persoas a bordo.
Xuño 10 de xuño: inicio da Eurocopa 2016 en Francia 12 de xuño: nun club nocturno de Orlando, Florida, un home armado mata 49 persoas. 26 de xuño: celebráronse as décimo terceiras eleccións xerais en España.
Xullo 9 de xullo: bicentenario da independencia da Arxentina. O papa Francisco visita a cidade de San Miguel de Tucumán para presidir o Congreso Eucarístico Nacional. 14 de xullo: Un camioneiro atropela intencionadamente os peóns no Paseo dos Ingleses de Niza, matando máis de 80 persoas. 25 de xullo ao 1 de agosto: en Cracovia (Polonia) celébrase a XIX Xornada Mundial da Xuventude coa presenza do papa Francisco.
Agosto 5 de agosto: en Río de Xaneiro (Brasil) inaugúranse os Xogos Olímpicos de 2016. 21 de agosto: clausúranse os Xogos Olímpicos do Río de 2016. 24 de agosto: un terremoto na rexión italiana de Lacio produce máis de douscentos mortos, centos de feridos e cuantiosos danos materiais.
Setembro 9 de setembro: No Porriño descarrila un tren da liña Vigo-Porto. Morreron catro persoas e resultaron feridas máis de corenta. 25 de setembro: Celébranse as décimas eleccións ao Parlamento de Galicia. O Partido Popular revalida a maioría absoluta.
Outubro 10 de outubro:Tránsito do posible exoplaneta análogo á Terra KOI-4878.01.
Novembro 8 de novembro: en EEUU celébranse eleccións presidenciais, resultando gañador Donald Trump. 8 de novembro: en Porto Rico celébranse as eleccións xerais. 20 de novembro: un accidente ferroviario a uns 100 km de Kanpur, no estado indú de Uttar Pradesh, deixa máis de 140 mortos.
Decembro 19 de decembro: Un camioneiro atropela intencionadamente os peóns en Berlín, matando unha ducia de persoas.
Mortes
Xaneiro miniatura|David Bowie finou con 69 anos. 1 de xaneiro, Vilmos Zsigmond, 85 anos, director de fotografía húngaro, Oscar en 1977. 2 de xaneiro, José Manuel Barros, 73 anos, antigo alcalde do Porriño, fallo multiorgánico. Michel Delpech, 69 anos, cantante francés, cancro de gorxa e de lingua. 3 de xaneiro, Paul Bley, 83 anos, pianista de jazz canadense, causas naturais. 6 de xaneiro, José Canosa Vidal, 106 anos, o segundo home máis vello de Galicia. Pierre Boulez, 90 anos, compositor francés. Silvana Pampanini, 90 anos, actriz italiana. Nivaria Tejera, 86 anos, poeta cubana, cancro de páncreas. Christy O'Connor, 67 anos, golfista irlandés. 7 de xaneiro, André Courrèges, 92 anos, xastre e deseñador de moda francés, párkinson. 7 de xaneiro, Ashraf Pahlevi, 96 anos, irmá do xa de Irán. 9 de xaneiro, María Teresa Alvajar López, 94 anos, política e escritora galega. Maria Teresa de Filippis, 89 anos, piloto de Fórmula 1 italiana, a primeira muller en disputar un Gran Premio. Angus Scrimm, 89 anos, actor de filmes de terror estadounidense. 10 de xaneiro, David Bowie, 69 anos, cantante británico, figura da cultura pop, cancro de fígado. 13 de xaneiro, Ignacio Salas, 70 anos, presentador de televisión español, cancro. 14 de xaneiro, Alan Rickman, 69 anos, actor de cinema, teatro e televisión inglés, cancro. Franco Citti, 80 anos, actor de cinema italiano. 18 de xaneiro, Michel Tournier, 91 anos, novelista francés. António Almeida Santos, 89, político portugués, presidente de honra do Partido Socialista luso. 19 de xaneiro, Glenn Frey, 67 anos, guitarrista de The Eagles, complicacións derivadas de artrite reumatoide, colite e pneumonía. 20 de xaneiro, Ettore Scola, 83 anos, director de cinema italiano.. 21 de xaneiro, Guillermo Lago, 71 anos, alcalde da Gudiña, infarto. 22 de xaneiro, Antonio Docampo García, 107 anos, o home máis vello de Galicia, pneumonía. 23 de xaneiro, Francisco Rubio Llorente, 85 anos, xurista español, expresidente do Consello de Estado, infarto. 24 de xaneiro, Fredrik Barth, 87 anos, antropólogo noruegués. 25 de xaneiro, Concepción Picciotto, 80 anos, manifestante pacifista que acampara diante da Casa Branca. 26 de xaneiro, Abe Vigoda, 94 anos, actor estadounidense, causas naturais. 29 de xaneiro, Jacques Rivette, 87 anos, director de cinema francés, alzheimer. 30 de xaneiro, Francisco Flores, 56 anos, antigo presidente do Salvador, derramo cerebral. 31 de xaneiro, Terry Wogan, 77 anos, presentador de radio e televisión, e xornalista musical británico, cancro. Benoît Violier, 44 anos, cociñeiro suízo, considerado o mellor chef do mundo, suicidio con arma de fogo.
Febreiro miniatura|Umberto Eco finou con 84 anos.