East London (en afrikaans: Oos-Londen, en xhosa: Imonti) é unha cidade situada na costa sueste de Suráfrica, pertencente ao Municipio Metropolitano de Buffalo City, da provincia do Cabo Oriental.
Bañada polo océano Índico e situada entre os ríos Buffalo e Nahoon, é o único porto fluvial do país.
Ten unha poboación de 267 007 habitantes (censo de 2011), e máis de 700 000 na área metropolitana (83,5 % negros, 10 % brancos, 5,7 % mestizos e 0,7 % asiáticos).
A súa orixe foi a construción, en 1847, dun forte británico, Fort Glamorgan, que se uniu á Colonia do Cabo ese mesmo ano. Tres asentamentos creceron ao redor do forte e, finalmente, combináronse para formaren a vila de East London que, en 1914, foi elevada á categoría de cidade.
Categoría:Xeografía de Suráfrica